Skip to Content

Froita fresca e leitelíquido de balde nos períodos de lecer longos!!

Dende o curso 2015/16, en colaboración coa Consellería de medio rural e do mar a través do Fondo galego de garantía agraria, participamos no programa Froita fresca e leite líquido na escola.

É unha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita e leite de forma habitual, regalando ao alumnado froita de tempada e leite de produción nacional nos períodos de lecer.  Este programa financia 10 días durante o curso para a froita e 40 días para o leite, sen embargo, e dada a gran acollida do proxecto, o centro ten decido aumentar o tempo de subministración.

Calendario previsto no 2018:

  • Leite líquido: 15 de xaneiro --> 9 de febreiro.
  • Leite líquido --> do 1 ao 23 de marzo.
  • Froita fresca: 9 de abril --> 4 de maio.

Solicítaa ao profesorado responsable da materia “Promoción de estilos de vida saudables”.

Programa cofinanciado polo:

  • Fondo galego de garantía agraria.
  • Consellería do Medio Rural e do Mar.
  • IES A Xunqueira II.

     



page | by Dr. Radut