Skip to Content

Varios

Día de Rosalía.150 anos de Cantares Gallegos.

Como xa sabedes, o 24 de febreiro celébrase en Galicia o día de Rosalía. Este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares gallegos.Con tal motivo, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propuxo unha lectura colectiva dos poemas de Cantares Gallegos.
Alumnos do noso centro de todos os niveis participaron en dita actividade, recitando Non che digo nada... pero vaia¡. Cada un co seu xeito.
E ademáis dúas alumnas de 1º da ESO representaron A miña santiña.
Bibliotecas escolares de Galicia destacou esta actividade no seu blog: Ver aquí.

Bo Nadal e feliz Aninovo 2013.

Coa tarxeta gañadora do Concurso de Nadal, creada por NAZARET ÁLVAREZ CAMPOS de 3º ESO-A, desexámosvos que estas datas veñan cargadas de cousas marabillosas e que o Aninovo sexa ditoso.

Disfrutamos tamén da tarxeta merecedora do Accesit que é de ANA ACUÑA PÉREZ, tamén de 3º ESO-A:

Máis fotos aquí.

Bases do Concurso de enerxía sostible (Semana da Ciencia do 4 ao 18 de novembro)

Semana da Biblioteca

Para ver máis fotos premer aquí.

Se segues as pegadas que parten do vestíbulo, chegarás sen perda á biblioteca. Esta semana está de festa porque o 24 de outubro foi o Día da Biblioteca e no noso centro facemos extensiva esta celebración a toda a semana.
A biblioteca abre as súas portas -como sempre, como todos os días lectivos- a toda a comunidade escolar, pero nestas datas moi especialmente aos alumnos novos no centro. Para eles haberá unha visita guiada. Ademais proxectaranse curtos de animación sobre libros, lecturas, lectores...Entre outros poderase ver The Fantastic Flying Books of Mr Morris Lessmore, Oscar á mellor curtametraxe de animación 2012.

Convocatoria club lectura 2012-2013

Ler,
distínguenos.

CLUB DE LECTURA 2012-2013

¿Gústache a lectura?
¿Gustaríache formar parte dun grupo que teña como afección a lectura?
Entonces non o dubides, vente connosco  e serás un máis do club onde poderás opinar, compartir, discrepar  ou, simplemente,  asistir.

Infórmate na Biblioteca do Instituto

Distribuir contido


by Dr. Radut