Dende o curso 2015/16, en colaboración coa Consellería de medio rural e do mar a través do Fondo galego de garantía agraria, participamos no programa Froita fresca e leite líquido na escola.
É unha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita e leite de forma habitual, regalando ao alumnado froita de tempada e leite de produción nacional nos períodos de lecer. Este programa financia 10 días durante o curso para a froita e 40 días para o leite, sen embargo, e dada a gran acollida do proxecto, o centro ten decido aumentar o tempo de subministración.
Calendario previsto no 2018:
- Leite líquido: 15 de xaneiro --> 9 de febreiro.
- Leite líquido --> do 1 ao 23 de marzo.
- Froita fresca: 9 de abril --> 4 de maio.
Solicítaa ao profesorado responsable da materia “Promoción de estilos de vida saudables”.
Programa cofinanciado polo:
- Fondo galego de garantía agraria.
- Consellería do Medio Rural e do Mar.
- IES A Xunqueira II.