Skip to Content

Curso 13-14

Conferencia sobre a Paz

O Seminario Galego de Educación para a Paz é un proxecto que nace nos anos ’80 da man dun grupo de profesionais preocupados pola falta de materiais sobre a Cultura da Paz en xeral e aspectos máis concretos coma os DD.HH., a solución pacífica de conflitos, a tolerancia ou a interculturalidade. En case tres décadas de traballo ten publicado numerosos estudios que foron merecedores de varios premios a nivel nacional e internacional.

Manuel Dios Diz é o seu presidente e estivo no IES A Xunqueira II para falar co alumnado de 2º de ESO e abordar aspectos que traballan na aula de Educación para a Cidadanía: actitude democrática, convivencia, solución pacífica de conflitos, acoso escolar...

O relatorio tivo dúas partes: unha primeira, de carácter máis xeral, centrouse no concepto de paz, máis aló desta como unha “ausencia de guerra” ou “falta de conflictos”, en palabras de Dios Diz, toda vez que son múltiples as situacións nas que sen chegar a haber un conflito aberto non se pode falar tampouco de paz.

Na exposición saíron nomes coma Pérez Esquivel, José Saramago ou Federico Mayor Zaragoza para reflexionar sobre a paz, a democracia ou as múltiples formas que pode adoptar a violencia: estrutural, encuberta, de xénero, escolar...

Foi precisamente a violencia no eido escolar a que centrou a segunda parte do acto, coa proxección da curtametraxe “X nada”, centrada nun caso real de agresión física a un rapaz por parte dun grupo de compañeiros para logo colgaren o vídeo na internet.  Máis aló da repercusión que pode ter un mal uso das redes sociais, o debate final centrouse no bullying ou acoso escolar. “Non se trata dunha ficción cinematográfica esaxerada senón que recolle un caso real”, o que indica a importancia de implicar non só ao ámbito escolar na educación dos máis novos senón tamén, e sobre todo, aos pais que, na historia narrada no filme non eran quen de controlar a agresividade do seu fillo e, lonxe de remediala, mesmo trataban de xustificala ou suavizala na escea final do xuízo.

Jorge Potel Torres, profesor da materia de Educación para a cidadanía e dereitos humanos do IES A Xunqueira II.

 

Concurso de slogans do uso da bicicleta

Como é tradicional no IES A Xunqueira II, un ano máis e dentro da campaña “Móvete con pedaladas”, inagurouse a exposición-concurso de carteis sobre a utilización da bicicleta, como medio para desprazarnos dentro das zonas urbanas.

Ao mesmo tempo o que se pretende é dar unha ensinanza didáctica ao noso alumnado sobre os beneficios para a saúde e o baixo custo económico como medio de locomoción.  Outro tema que se salienta é que a bicicleta evita os atascos e a contaminación dos vehículos a motor, favorecendo a presenza de ar limpo na cidade.

Polo que respecta a seguridade esta campaña pretende que o uso do casco estea xeneralizado entre os rapaces.

A participación dos adolescentes foi moi numerosa, como o demostra a cantidade de traballos presentados.  Hai que destacar a calidade artística dos carteis e a participación activa do departamento de Debuxo.

José Daniel Reguera Méndez, coordinador do equipo de dinamización lingüística do IES A Xunqueira II.

VI Semana da Música

E por fin xa chegou o momento, unha chea de actuacións vocais, instrumentais, bailes, proxeccións... Coma sempre, en horaio de mañá entre os dous períodos de lecer.

Recorda que o concerto de clausura será o 6 de xuño ás 19 horas no salón de actos. Esperámoche alí!!.

Visita ás instalacións do complexo medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña)

O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO de Tecnoloxía do IES A Xunqueira II de Pontevedra realizaron unha visita ás instalacións do complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, A Coruña. Na devandita viron de primeira man os procesos de reciclase e asistiron ás actividades previstas para escolares ao respecto na procura da concienciación das “3 Rs”: Reduce, Reusa e Recicla.

Julio Sanmamed Lora, profesor de Tecnoloxía do IES A Xunqueira II.

Publicado no Diario de Pontevedra.

Programa europeo Comenius-Regio con Polonia.

Durante os cursos académicos 2012-2013 e 2013-2014 estamos a participar nun proxecto europeo bilateral chamado Comenius-Regio con pais de correspondencia Polonia.

Ao abeiro desta colaboración entre o distrito polaco e Galicia desenvolvese un proxecto de intercambios para afondar, desde o eido educativo, no coñecemento mutuo de ambas rexións, e estudanse as herdanzas culturais, valorando a diversidade como elemento de riqueza cultural e tomando o Camiño de Santiago como referente.

Para iso, ao longo do proxecto celebranse conferencias temáticas con intercambios de boas prácticas, obradoiros e producense diversos materiais culturais, coa participación das dúas administracións de ambos países, centros educativos e asociacións.

A continuación podes acceder ás distintas actividades realizadas:

  • Xuño de 2014: Clausura do proxecto en Polonia.
  • 9-10 de maio de 2014: Tramo final do Camiño de Santiago.
  • 12-16 Marzo de 2014: 3ª visita da delegación polaca.
  • Xaneiro-febreiro de 2014:
    • Até o 15 de febreiro de 2013: Concurso de contos curtos.
  • Novembro-decembro 2013:
    • Primeiros contactos postais entre o alumnado.
  • Outubro de 2013: 2ª viaxe da delegación Española.

    Xuño de 2013: 2ª visita da delegación polaca.

  • Abril 2013: Concurso de fotografía.
    • Durante o presente mes de abril estase celebrando un concurso de fotografía co alumnado dos distintos centros participantes na actividade.  Existen distintas categorías e premios.  Para máis información preme no cartel.
    • Para accedereas á galería de imaxes, preme aquí.
  • Marzo de 2013: 1ª viaxe da delegacion española.
    • A primeira semana de marzo fíxose a 1ª visita da delegación española ás instalacións dos centros participantes en Polonia.  A experiencia foi todo un éxito fortalecéndose a colaboración entre os dous paises, entre outras cousas trazouse a folla de ruta dun concurso de fotografía, a organización da vindeira visita  da delegación polaca e a realización dunha miniguía.
  • Xaneiro de 2013: Mostra de instrumentos tradicionais.
    • Coa participación do grupo folclórico "Os Alegres" de Pontevedra, organizouse unha fantástica exposición de instrumentos tradicionais, con talleres de formacións e montaxe dos mesmos.  Ao remate da mesma, organizouse un concerto no salón de actos do instituto.  Para a inaguración da mostra contamos coa presenza do Xefe territorial de educación de Pontevedra.
    • Para accederes á inaguaración da exposión, preme aquí.
    • Para accederes á propia exposición, preme aquí.
    • Para accederes á web oficial do grupo, preme aquí.
  • Decembro de 2012: Videoconferencia.
    • O pasado 20 de decembro fixemos a 1ª videoconferencia intracomunitaria (Polonia-España) co alumnado participante (1º da ESO) no proxecto Comenius Regio.  Se queres ir coñecendo máis información sobre Polonia, preme aquí.
  • Outubre de 2012: 1ª visita da delegación Polaca.
    • O noso Instituto recibiu o martes día 23 de outubro a visita de 12 dos participantes no proxecto de estudos a través do cal o departamento educativo da Xunta de Galicia e o distrito polaco de Bedzin están a impulsar intercambios entre ambas as rexións no marco do Programa europeo de Comenius Regio.

Para ver máis fotos preme aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut