Skip to Content

Curso 15/16

Froita fresca e leite de balde nos períodos de lecer!!

Desde o curso 2015/16, en colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar a través do Fondo Galego de Garantía Agraria, participamos no programa Aliméntate ben de Plan Proxecta e Froita fresca na escola.

É unha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita e leite de forma habitual, facilitando ao alumnado froita fresca de produción nacional e de tempada ao mesmo tempo que leite de orixe protexido "100% galega" nos períodos de lecer.  Este programa financia 20 días lectivos durante o curso no caso da froita e 20 días no caso do leite, sen embargo dada a gran acollida do proxecto, o centro aumenta a distribución até 80 días lectivos de subministración con recursos propios.

Calendario previsto no curso 2022/23

  • Marzo > do 6 ao 17 (leite até o 31)
  • Abril > do 17 ao 28
  • Maio > do 22 ao 31
  • Anteriormente
    • Setembro > do 19 ao 30
    • Outubro > do 17 ao 28
    • Novembro  > do 14 ao 25
    • Xaneiro > do 16 ao 27 (leite até o 10 de febreiro)
    • Febreiro > o 6 ao 17

Solicítaa ao profesorado responsable do programa -Aliméntate ben- do Plan Proxecta+

Programa cofinanciado polo

  • Fondo galego de garantía agraria
  • Consellería do Medio Rural e do Mar
  • IES A Xunqueira II

     

 

 

 

 

 

Mediterraneamos...

Participación no programa “Mediterraneamos”, curso 15/16.
Dende o presente curso 15/16, en colaboración co Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente, participamos no programa Mediterraneamos.
É unha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo alimentario, concienciación sobre unha dieta variada  e equilibrada, sobre o desperdicio alimentario, e o exercicio e o departe como parte fundamental dos estilos de vida saudable.
Esta iniciativa engádese as xa existentes no noso centro dentro da nosa candidatura ao Sello Vida Saludable:
•    Impartición da materia “Promoción e estilos de vida saudable”, dentro das materias de libre configuración autonómica propostas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
•    Participación no programa “Froita fresca na escola”, en colaboración coa Consellería de medio rural e do mar a través do Fondo galego de garantía agraria

Máis información en http://mediterraneamos.es/

Para máis fotografías, preme aquí, para ver os vídeos preme aquí (pendente).

8ª Semana da Música

E por fin xa chegou o momento, unha chea de actuacións vocais, instrumentais, bailes, proxeccións... Coma sempre, en horaio de mañá entre os dous períodos de lecer.

Recorda que o concerto de clausura será o 6 de xuño ás 19 horas no salón de actos. Esperámoche alí!!.

Candidatura a distintivo de calidad "Sello Vida Saludable"

Dentro da liña de vida saudable iniciada coa implementación da materia “promoción de estilos de vida saudable” en 1º da ESO no curso 15/16, damos un paso adiante presentando a nosa candidatura ao distintivo de calidade “Sello Vida Saludable”, do Ministerio de Educación e Cultura.  Apenas unha trintena de centros o teñen solicitado a nivel Galego e esperamos que antes de que remate o curso sexamos un dos elixidos.
Presentamos un proxecto de 40 follas no que fixemos un percorrido de tódalas iniciativas levadas a cabo nestes preto de 30 anos de existencia, dende o cros solidario, o día da bicicleta e o fomento do seu uso, a impartición de materias como medio ambiente ou fogar, a distribución de froita fresca ou de outono, accións en prol da eficiencia enerxética, proxectos solidarios para o 3º mundo, hábitos saudables no día a día e un largo etcétera.
Para o vindeiro curso académico confiamos en consolidar a nosa liña de actuación coa implementación da materia de “paisaxe e sustentabilidade” no 2º da ESO, dentro das materias de libre configuración autonómica que ofrece a Consellería de Educación conforme á LOMCE.


Froita fresca de balde nos períodos de lecer longos!!

Dende o curso 2015/16 dispoñemos de froita fresca no centro dentro da campaña de concienciación iniciada polo profesorado responsable da materia "Promoción de estilos de vida saudables".

Esta actividade realizarase durante 6 semanas ao longo do curso conforme ao seguinte calendario:

  • Xaneiro -->do 16 ao 27.
  • Febreiro --> do 13 ao 24.
  • Marzo --> do 6 ao 17.

Este programa está cofinanciado polo:

  • Fondo galego de garantía agraria.
  • Consellería do Medio Rural e do Mar.
  • IES A Xunqueira II.

Distribuir contido


by Dr. Radut