Skip to Content

Curso 12-13

Exposición Polonia- Comenius-Regio

Para ver as fotos da Exposición Polonia que, dentro de Comenius-Regio, estiveron no hall do Centro prema aquí.

Premios de fotografía A MIÑA TERRA.

No Concurso de fotografía A MIÑA TERRA dentro do Programa europeo Comenius-Regio con Polonia resultaron premiadas dúas alumnas do noso centro: Candela Castro González de 1º A - ESO cunha posta de sol coas Illas Cíes ao fondo e Sara González López de 1º B - ESO con De mar e de veigas. ¡Parabéns ás dúas!


Premios do Concurso de Bicicleta.

O primeiro premio do Concurso de Slogans para promocionar o uso da bicicleta ten sido acadado por Sara López Gómez e María Orsini Gómez de 4º C- ESO. ¡Parabéns!

Houbo un Accesit para María Tosar Vidal de 3º D-ESO e para Estela Morono Sobral de 4ª C-ESO e Roque Beloso Abilleira tamén de 4º C-ESO.

¡Parabéns a todos os participantes! Para ver fotos acceda á Galería aquí.

Ben veñas maio, 2012-2013. ¡Parabéns ás nosas alumnas premiadas!

A nosa alumna Iria Tarrío Pazos de 4º D- ESO acadou o segundo premio de poesía na categoría B. Para ver o seu traballo prema aquí.

A nosa alumna Mara Senra Rivas de 1º C- Bacharelato acadou o segundo premio de narración curta na categoría B. Para ver o seu traballo prema aquí.

A nosa alumna Mª Guadalupe Castro González de 1º C- Bacharelato acadou o segundo premio de narración curta na categoría B. Para ver o seu traballo prema aquí.

V Semana da Música

E por fin xa chegou o momento. O vindeiro 27 de maio comeza a V Semana da Música. Unha chea de actuacións vocais, instrumentais, bailes, proxeccións... Coma sempre, en horaio de mañá entre os dous períodos de lecer.

Recorda que o concerto de clausura será o 6 de xuño ás 19 horas no salón de actos. Esperámoche alí!!.

Mostra de instrumentos tradicionais da música galega e complementos.

Do 14 ao 18 de xaneiro de 2013 disfrutamos no hall pequeno dunha mostra de instrumentos tradicionais da música galega e complementos pola colaboración excelente do grupo Os Alegres de Mourente e de D. Dionisio Aboal que, coa súa xenerosidade, simpatía e esforzo, que agradecemos profundamente, nos agasallaron con tan impresionante e instrutiva exposición.

Para ver as fotos do Acto de inauguración prema aquí.

E para ver máis fotos da Mostra prema aquí.

E o xoves, 17 de xaneiro de 2013, tivemos un Concerto Didáctico (zanfoña e arpa) no Salón de Actos.

Día de Rosalía.150 anos de Cantares Gallegos.

Como xa sabedes, o 24 de febreiro celébrase en Galicia o día de Rosalía. Este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares gallegos.Con tal motivo, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propuxo unha lectura colectiva dos poemas de Cantares Gallegos.
Alumnos do noso centro de todos os niveis participaron en dita actividade, recitando Non che digo nada... pero vaia¡. Cada un co seu xeito.
E ademáis dúas alumnas de 1º da ESO representaron A miña santiña.
Bibliotecas escolares de Galicia destacou esta actividade no seu blog: Ver aquí.

Bo Nadal e feliz Aninovo 2013.

Coa tarxeta gañadora do Concurso de Nadal, creada por NAZARET ÁLVAREZ CAMPOS de 3º ESO-A, desexámosvos que estas datas veñan cargadas de cousas marabillosas e que o Aninovo sexa ditoso.

Disfrutamos tamén da tarxeta merecedora do Accesit que é de ANA ACUÑA PÉREZ, tamén de 3º ESO-A:

Máis fotos aquí.

Fotografías de Dinamización lingüística.

A finais do mes de novembro e principios de decembro estivemos no hall coa Exposición ROSALÍA DE CASTRO. Para ver fotos prema aquí.

Para ver todas as fotografías das actividades de Dinamización Lingüística prema aquí.

Concurso para promocionar o uso da bicicleta.


Buscamos  a viñeta  ou  “slogan”  que máis impacto poida acadar entre a sociedade pontevedresa para promover o uso da bicicleta  como medio de transporte na nosa cidade e  que vai servir como lema  deste  concurso.
    Como  BASE do  concurso, nesa  viñeta  terán  que aparecer  :
 MOTIVO   e    TEXTO :   referente a potenciar o uso da bicicleta.
O motivo poderá ser un debuxo, unha fotocopia, unha fotografía, unha interpretación gráfica ou...   O texto e o motivo poderán ir  integrados .  Tamaño máximo en Din A 4
    Entre todos os traballos  entregados elixiremos o gañador/gañadora que será premiado cunha bicicleta e ademais haberá unhas camisetas para os outros  finalistas dos mellores traballos que se presenten. Os traballos  terán que ser presentados, a máis tardar,  o día   12  de ABRIL de  2013  .
Os  traballos hai que remitilos ao I.E.S. Xunqueira II co nome do alumno e centro de onde proceden antes dese día.

O fallo do concurso será o día 30 de ABRIL  de 2013

 A presentación no concurso implica a aceptación destas bases.  O  xurado poderá decidir sobre calquera eventualidade e a súa decisión será  inapelable

Distribuir contido


by Dr. Radut