Skip to Content

Migración a Multisite: Notificación ós centros educativos.

Notificación enviada ós centros:  Ver Adxunto.

Nova estrutura: Multisite

Dende o Proxecto Webs Dinámicas estamos a traballar nunha nova estrutura do Proxecto que mellorará principalmente a  velocidade de acceso ás webs dos centros educativos públicos. Os centros educativos que solicitaron entrar no Proxecto  neste último ano xa está a traballar coa nova estrutura, a que nós chamamos “multisite”. As implicacións que esta nova organización ten para os centros pódese consultar no Portal Oficial do Proxecto na nova: “Novos centros en Webs Dinámicas,  unha nova estrutura do Proxecto: multisite” (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/646). No listado de centros participantes do portal oficial  os centros que pertencen ó multisite están indicados con unha icona vermella e azul en forma de molécula (multisite)

Unha necesidade: a migración das páxinas dos centros á nova estrutura

Todos aqueles centros que xa estaban traballando no Proxecto WD con anterioridade deberán migrarse, proceso que se realiza directamente dende esta Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Este proceso, asumible pero complexo, require do traballo e concentración dos responsables do Proxecto, así como da colaboración dos diferentes Asesores SIEGA de Zona e dos propios centros educativos.

O centro educativo decide: Instalar as aplicacións de cero ou migrar os contidos e a configuración?

Por outro lado existe un número importante de centros ós que se lle instalaron as aplicacións no seu momento pero non están a traballar activamente no Proxecto, estando nalgún caso as páxinas valeiras. Para a mellora do conxunto do Proxecto este tipo de centros deberan de ser reinstalados de cero, xa que este proceso de instalación de cero é rápido e doado. Cada centro deberá polo tanto valorar si prefire ser reinstalado de cero ou migrado da vella estrutura (“centros”) á nova (“multisite”). Para esta valoración é necesario ter moi en conta a cantidade de contidos publicados e o traballo final realizado. A simple visualización da páxina principal da web do centro con unha plantilla determinada, ou con contidos só na páxina principal, podería ser reconstruída sen dificultade unha vez realizada a instalación de cero.

Os elementos a ter en conta para esta valoración son os seguintes:
  • Vantaxes da migración:
    • Non se perde a información contida nas páxinas dos centros (Drupal, Moodle e Coppermine) nin as configuracións correspondentes.
  • Inconvenientes da migración:
  • Vantaxes da instalación dende cero:
    • A instalación é inmediata. Unha vez notificada a conformidade por parte do centro para instalar de cero as aplicacións do Proxecto na nova estrutura multisite, o proceso non duraría máis dunha semana.
  • Inconvintes da migración:
    • Perda dos contidos e configuración das aplicacións. Para valorar isto é importante valorar a cantidade de contido e configuración realizada e non só a presentación da páxina principal.


Situacións especiais de cara a migración

Por outro lado, asumimos que os centros educativos non fixeron modificacións no modelo orixinal enviado ó centro, nin na lista de módulos orixinal das aplicacións, nin nas propias plantillas. Migrar un centro que non respetara a estrutura orixinal do Proxecto pode ocasionar certos problemas de funcionamento nas aplicacións. No caso de que isto non fora así os centros deberan notificalo para telo en conta de cara á migración.

Notificación a websdinamicas@edu.xunta.es

Dito todo isto é necesario que cada centro educativo que participa no proxecto notifique ó correo websdinamicas@edu.xunta.es antes do venres 25 de Xuño cal é a súa situación de cara a este proceso de migración. Para facilitar este proceso comunicativo é moi importante seguir as seguintes instrucións:

Existirían inicialmente tres casos diferentes.

1.- O centro prefire que lle reinstalen as aplicacións dende cero na nova estrutura multisite
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Instalar de cero
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello optamos pola instalación das aplicacións dende cero, perdendo os contidos e configuracións anteriores.

EXEMPLO:
Asunto: 15001847 CEIP de Pedrouzos - Brión: Instalar de cero
Corpo do correo: Dende o 15001847 CEIP de Pedrouzos - Brión, optamos pola instalación das aplicacións dende cero, perdendo os contidos e configuración anteriores.

2.- O centro prefire que se lle migre toda a información da vella estrutura á nova en multisite
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Migración
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello optamos pola migración dos contidos a multisite
3.- O centro ten modulos non incluidos no modelo orixinal ou plantillas modificadas.
Asunto do Correo: XXXXXXXX CEIP Nome do Centro - Concello: Modelo modificado
Corpo do correo: Dende o centro XXXXXXXX CEIP Nome do Centro – Concello notificamos que realizamos as seguintes modificacións no modelo orixinal:
  • (describir as modificacións).


Para a toma da decisión pode contar coa colaboración do Asesor/a SIEGA da súa Zona, si non coñece o seu correo oficial podemos facilitarllo dende o propio Proxecto Webs Dinámicas (websdinamicas@edu.xunta.es).
 
 
AdxuntoTamaño
migracion_websdinamicas.pdf184.3 KB


page | by Dr. Radut