Skip to Content

Que é Coppermine?

Definindo Coppermine

Coppermine Gallery

Coppermine é unha Galería de Imaxes en contorno Web.

Nela pódense crear Categorías e Albumes para clasificar  distintas fotografías, imaxes ou animacións e vídeos.

Os contidos subidos á galería serán transformados pola propia ferramenta para poder ser visualizados en tres tamaños: miniaturas, intermedio e tamaño real.

A visualización pode ser manual ou paso de diapositivas automático con transicións.

Non se precisa de ningún programa FTP para subir as imaxes xa que se poden subir directamente en liña.

Cada un dos contidos pode ter comentarios, valoracións e facer desta sinxela pero potente galería un espazo colaborativo.

Tamén admite espazos de fotos máis vistos ou mais valorados, así como vistas de imaxes ao chou.

A administración e sinxela con distintos niveis de usuarios podendo personalizarse o aspecto mediante distintos temas que incorpora.

Está desenvolta en PHP e traballa sobre unha base de datos MySQL.

Distribuir contido


by Dr. Radut