II xornada galega de linguas estranxeiras

Data: 
sábado, 14 de marzo de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organiza o sábado 14 de marzo de 2015 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a II xornada galega de linguas estranxeiras. Dirixida ao profesorado de Educación Primaria, ESO e ciclos formativos, con preferencia ao profesorado CLIL e especialista en linguas estranxeiras en centros plurilingües ou centros con seccións bilingües, prantéxase os seguintes obxectivos:

  • Reflexionar sobre a implantación dos programas CLIL nos centros educativos galegos. Mostrar exemplos de boas prácticas docentes plurilingües/bilingües na educación primaria, secundaria e de formación profesional.
  • Compartir claves esenciais para a busca, selección, deseño e recompilación de materiais plurilingües/bilingües cun enfoque CLIL.
  • Afondar sobre o ensino baixo un enfoque CLIL: metodoloxía e avaliación.

Está aberta a inscrición en fprofe co código de actividade G1402006. A data límite é o 28 de febreiro.