Orientación profesional
Orientación profesional

A orientación profesional ten como obxectivo axudar as persoas de todas as idades, en todos os momentos da súa vida, a tomar unha decisión sobre educación, formación e profesión e a xestionar a súa traxectoria profesional.

Aquí as persoas poderán atopar información e recursos actualizados para unha toma de decisións responsable que facilite a súa inserción profesional.

Para posibilitar este obxectivo precísase un traballo colaborativo entre os profesionais da orientación dos distintos subsistemas, así como o establecemento dunha rede integrada dos servizos de información e orientación, coa finalidade de que os usuarios dispoñan de información e asesoramento unificado, global e accesible en materia de formación, información e cualificación profesional.

Folleto informativo: Ensinanzas de Persoas Adultas
21/09/2012 | 12:52
Trátase de tres publicacións, en forma de folleto descargable, nas que se trata de orientar ás persoas adultas das posibilidades de acceso, continuidade e formación que lles...
Folleto informativo: Coñece a formación profesional
21/09/2012 | 10:56
Trátase dunha publicación, en forma de folleto descargable, na que se trata de orientar ao alumnado no acceso, modalidades e saídas da formación profesional do actual sistema...