Probas DALF e DELF

Xov, 01/09/2011 - 13:17
Probas DELF - DALF
Probas DELF - DALF

 

 

 

 

 

Curso 2022- 2023

 

 

Probas DELF e DALF. Alianza francesa. Niveis B2 e C1

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

 

DELF. Alianza francesa. Nivel B2

 

- Código en fprofe: G2202011

  • Proba escrita: A proba escrita terá lugar en Santiago de Compostela o 05/06/2023 (de 9.30 a 12.00). O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).

  • Proba oral: o profesorado poderá presentarse na Alianza Francesa de Santiago, Vigo ou A Coruña. Indicarase a data con antelación.

  • Prazas: 50

  • Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel B2 nin os mestres especialistas en francés.

Para máis información: DELF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

 

DALF. Alianza francesa. Nivel C1

 

- Código en fprofe: G2202010

  • Proba escrita: a proba escrita terá lugar en Santiago de Compostela o 01/06/2023 (de 9.30 a 13.30). O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).

  • Proba oral: o profesorado poderá presentarse na Alianza Francesa de Santiago, Vigo ou A Coruña. Indicarase a data con antelación.

  • Prazas: 50

  • Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secu ndaria especialista en francés.

Para máis información: DALF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI