Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

G2303002 O deseño do plan de internacionalización no centro educativo

Summary: 

Curso dirixido a aquel profesorado que desexa internacionalizar o seu centro educativo a través de eTwinning ou Erasmus+
Gallego

Curso dirixido a todo o profesorado que desexa internacionalizar o seu centro educativo a través de eTwinning ou Erasmus+

A internacionalización é clave para diferenciarse, hox, como centro escolar. Ademais de ser unha puerta cara ao futuro inmediato da Educación,  achega valor engadido á oferta educativa dun centro e, polo tanto, o sitúa en posición vantaxosa. Pero, como iniciar un proceso de internacionalización nun centro escolar?

 

Mércores, 24 de abril

Relatora: Beatriz Tourón

Xoves, 25 de abril

Relator: Andrés Ajo

Mércores, 15 de maio

Relatores: Beatriz Tourón e Andrés Ajo

Mércores, 22 de maio

Álex Varela (CEIP Mesón do Vento)

Susana Vázquez (IES Poeta Díaz Castro)

Xoves, 23 de maio

Fran Ávila (CEIP Camiño Inglés)

Teresa Santamarina (IES de Arzúa)

Mércores, 29 de maio

Begoña Codesal (CEIP Ponte dos Brozos)

Josefa Pérez (IES Xesús Taboada Chevite)

Sesións a través de videoconferencia (Webex) de 17 a 19:30 horas.

O deseño do plan de internacionalización

G2303005 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Carmen Martín Gaite en Piñor

Summary: 

A vida e a obra de Carmen Martín Gaite
Gallego

Carmen Martin Gaite escribiu e viviu ao redor de San Lourenzo de Piñor durante os seus veráns. Os seus avós maternos eran de Allariz e tiñan unha propiedade neste núcleo de Barbadás onde pasaban varios meses ao ano. O sinal que deixou esta terra está moi presente na súa obra. E polos espazos vinculados á súa memoria e ás lembranzas daqueles veráns da súa infancia discorrerá o recorrido do roteiro literario.

  • Relator: David González Couso
  • Data: 1 de xuño de 2024
  • Lugar: Piñor
  • Código en fprofe: G2303005

 

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Carmen Martín Gaite en Piñor

G2301141 - Introdución á identidade dixital. Privacidade e a seguridade na Rede

Summary: 

Introdución á identidade dixital
Privacidade e a seguridade
Gallego

Os centros educativos desenvolven actividades en contornas dixitais nos que participan menores. Esta situación, e a súa conexión ca garantía dos dereitos fundamentais, esixe que profesorado e alumnado estean formados no eido da protección de datos persoais, privacidade e seguridade xa que estes elementos están relacionados directamente co benestar dixital. A evolución democrática da nosa sociedade depende tamén destes elementos e os poderes públicos autonómicos deben traballar a prol desta específica formación.

  • Relatores: Lorena Casal Otero e José Julio Fernández Rodríguez
  • Datas: 15 de abril, 2-8-15 de maio
  • Horario: 17:00 a 20:00
  • Duración: 20 horas (12+8)⏳
  • Podes asistir por videoconferencia ou presencialmente

 

Introdución á identidade dixital
Privacidade e a seguridade na Rede

S2301101 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa

Summary: 

Estratexias eficaces para regular a aprendizaxe
Gallego

Avaliar convértese, a miúdo, nunha carreira de obstáculos que o alumno supera e o docente certifica, pero que non responde á finalidade de mellorar a aprendizaxe nin en cantidade nin en calidade. Nesta actividade propoñémosche realizar unha avaliación formativa que permita realmente o crecemento do alumnado. Por iso convídannos a reflexionar sobre algunhas prácticas de avaliación que quizais repetísemos sen expornos a fondo se funcionan ou non. Por que facemos o que facemos? Que sustento teórico ten? Recollemos evidencias cuxa análise dá lugar a unha acción inmediata posterior capaz de mellorar o proceso de aprendizaxe? A avaliación formativa non é algo trimestral, mensual ou semanal. Debe suceder á vez que a aprendizaxe, é dicir, dentro das nosas aulas. E, ademais, é posible lograr que os estudantes participen nela de maneira moi activa. Trátase dun labor gratificante para o docente, que comproba como os seus alumnos aprenden máis.

  • Relatora: Mariana Morales
  • Datas: 8 e 9 de maio e 10 de xuño
  • Horario: de 17:00 a 20:00
  • Código en fprofe: S2301101
Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa
Mariana Morales

G2301120 Coidando as persoas e o planeta. A construción de centros educativos transformadores. Plan Proxecta

Summary: 

Para a construción de centros educativos transformadores e comprometidos cos ODS
Plan Proxecta
Gallego

Estás interesado/a en adquirir coñecementos para traballar a construción de centros educativos transformadores e comprometidos cos ODS?

Daquela, este é a túa actividade!

  • Datas: 18 e 25 de abril, e 2 de maio (videoconferencia) e 8 de maio
  • Horario: 17:00 a 20:00h
  • Código do curso: G2301120

Tes máis información en www.edu.xunta.gal/fprofe 

A construción de centros educativos transformadores. Plan Proxecta

G2302011 - Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

Summary: 

Actividade para lograr unha mellora da competencia comunicativa do alumnado
Gallego

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado 

Quen dixo que o de comunicarse ben é dos de linguas?

Contamos con todo o profesorado de Galicia que queira mellorar a súa competencia comunicativa nesta xornada práctica.

Quererás repetir!!  

Data: sábado 4 de mayo de 2024

Lugar de celebración: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela

Código G2302011

Xa podes consultar o programa en www.edu.xunta.gal/fprofe

 

 

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

G2302011 - Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

Summary: 

Actividade para lograr unha mellora da competencia comunicativa do alumnado
Undefined

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado 

Quen dixo que o de comunicarse ben é dos de Linguas?

Contamos con todo o profesorado de Galicia que queira mellorar a súa competencia comunicativa nesta xornada práctica.

Quererás repetir!!  

Data: sábado 4 de mao de 2024

Lugar de celebración: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela

Inscripción:  en Fprofe co código G2302011

 

 

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado 

G2302048 Xornada galega de linguas estranxeiras. Curso 2023-2024

Summary: 

Aberto o prazo de inscrición para asistir á Xornada galega de linguas estranxeiras. Curso 2023-2024
Xornada galega de linguas estranxeiras. Curso 2023-2024
Gallego

A Consellería de Cultura,  Educación, Formación Profesional  e  Universidade por medio do CAFI oganiza a Xornada galega de linguas estranxeiras. Curso 2023-2024. O programa inclúe conferencias plenarias por estudosos de recoñecido prestixio así como diversos obradoiros, repetidos en dúas quendas para facilitar a súa asistencia, coa finalidade de poder aplicalos directamente nas aulas.

Data: sábado 11 de maio de 2024

Lugar de celebración: Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Inscrición:  en Fprofe co código G2302048

 

Horario:

  • 09:30 - 10:00: Recollida de documentación
  • 10:00 - 10:15: Inauguración
  • 10:15 - 11:30: Primeira conferencia plenaria

CLIL ou non CLIL?

 Plácido Bazo Martínez, Universitat Ramón Llul

  • 11:30 - 12:00: Pausa
  • 12:00 - 14:00: Sesións de obradoiros simultáneos

Obradoiro 1 - IA para as linguas estranxeiras 

Miquel Angel Prats i Fernández, Universidad de la Laguna

Obradoiro 2 - Dinamizando a miña clase de lingua estranxeira

Mirian Freire Pardo, CEIP Sobrado-Nebra

Obradoiro 3 -  Plurlingüismo, por que non? 

Francisco Custodio Jáimez Ortiz, CEIP Santa María de Gracia, Murcia

Obradoiro 4 - Técnicas de animación na  aula de linguas estranxeiras 

Adrien Payet

Obradoiro 5 -  A aprendizaxe efectiva da lectoescritura en lingua estranxeira en idades temperás 

Silvie Rasikova, British Council

  • 14:00 - 15:30: Pausa
  • 15:30 - 17:30: Sesións de obradoiros simultáneos (repetidos da mañá)
  • 17:30 - 17:45: Pausa
  • 17:45 - 19:30: Conferencia plenaria

Converter as tendencias en amigas: as 7 tendencias que inflúen na educación do 2024

David Marsh, Marsh Educational Design

  • 19:30 - 19:45: Clausura
Xornada galega de linguas estranxeiras
Curso 2023-2024

File: 

G2302034 Xornada do Día das Letras Galegas. Luísa Villalta

Summary: 

A Xornada do Día das Letras reunirá na Rede docentes de toda Galicia arredor de Luísa Villalta
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o CAFI organizan este encontro que inclúe conferencias e presentación de experiencias de centros educativos
Gallego

Docentes das catro provincias galegas reuniranse para se formar, reflexionar e debater arredor da figura de Luísa Villalta na Xornada do Día das Letras Galegas. Luísa Villalta organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Literatura, poesía, tradución, xornalismo, compromiso e universalismo

Logo da presentación oficial que contará coa presenza de Valentín García, secretario Xeral de Política Lingúística, Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta, desenvolveranse as conferencias da man de estudosos/as de recoñecido prestixio (Marga do Val, Inma López Silva, Henrique Rabuñal, Manuel Naveira, Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut ) que abordarán desde diferentes perspectivas a figura de Luísa Villalta (biografía, poesía, narrativa, teatro, compromiso...) así como unha mostra de boas prácticas e experiencias dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros educativos relativas á difusión da obra da escritora.

Xornada do Día das Letras Galegas organízaa a Consellería de Cultura, Educación e  Universidade a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Subdirección Xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos, á que pertence o CAFI, no marco da programación que a Xunta de Galicia destina a conmemorar o 17 de maio e a difundir a vida e a obra do autor homenaxeado en tal data.

Poden consultarse máis iniciativas e materiais relacionados con esta celebración no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/letras-galegas) e quen queira asistir deberá apuntarse na seguinte ligazón através de fprofe (www.lingua.gal/fprofe).

Xornada do Día das Letras Galegas.
Luísa Villalta