Gallego

S2201052 Aproximación ao tratamento integrado de linguas

Summary: 

Curso sobre os aspectos básicos do tratamento integrado das linguas.
Gallego

Este curso pretende servir de guía para o tratamento integrado das linguas entendido como enfoque metodolóxico. Aproximarémonos, en primeiro lugar, aos referentes legais e aos aspectos básicos que hai que ter en conta na súa planificación. Observaremos o papel fundamental que teñen os equipos de dinamización da lingua no seu desenvolvemento, coñeceremos tamén algúns exemplos e experiencias de traballo interdisciplinario e, para finalizar, aprenderemos a desenvolver a competencia lingüística a través da dramatización.

  • Datas de realización: 30 de marzo, 13, 19 e 26 de abril e 3 de maio.
  • Lugar: CAFI
  • Horario: das 17 ás 21 horas
  • Duración: 20 horas
  • Máis información en fprofe: S2201052
Tratamento integrado das linguas
Tratamento integrado das linguas

G2203012 - Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya

Summary: 

IX Premio de Novela Histórica «Ciudad de Úbeda»
Gallego

Xa só as tempestades visitan os cumios esgrevios da vella Misarela. Ao pequeno eremitorio chega un día un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico. Xa nada será igual. Dende ese intre, a paz dos cenobitas transfórmase nun día a día convulso e incerto, igual que a nova orde instaurada no Reino de Castela ou os cambios que está a sufrir a vella Europa. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos. É a fin dunha Era. Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral. Para estender a luz sobre as tebras. Cambiar o mundo para sempre. Porque alí onde queimen libros, rematarán por queimar persoas. Queres acompañarnos coñecendo os principais espazos nos que se desenvolve a obra de Rodrigo Costoya, queres ver como estes se mesturan coa realidade e a arqueoloxía? Agardámoste.

  • Código en fprofe: G2203012
  • Relator: Rodrigo Costoya
  • Data: 6 de maio de 20223
Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya
IX Premio de Novela Histórica «Ciudad de Úbeda»

G2203012 - Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya

Summary: 

Undefined

Xa só as tempestades visitan os cumios esgrevios da vella Misarela. Ao pequeno eremitorio chega un día un perigoso cargamento que foxe dun destino tráxico. Xa nada será igual. Dende ese intre, a paz dos cenobitas transfórmase nun día a día convulso e incerto, igual que a nova orde instaurada no Reino de Castela ou os cambios que está a sufrir a vella Europa. Xa nada lles será alleo. Avecíñanse novos tempos. É a fin dunha Era. Chega a invención do artiluxio máis revolucionario da Historia. Tamén o descubrimento dun novo mundo, alén do mar océano. Mesmo a opción máis desesperada pode servirlle ao custodio dos libros para salvar o seu legado ancestral. Para estender a luz sobre as tebras. Cambiar o mundo para sempre. Porque alí onde queimen libros, rematarán por queimar persoas. Queres acompañarnos coñecendo os principais espazos nos que se desenvolve a obra de Rodrigo Costoya, queres ver como estes se mesturan coa realidade e a arqueoloxía? Agardámoste.

  • - Código en fprofe: G2203012
  • - Relator: Rodrigo Costoya
  • - Data: 6 de maio de 20223
Roteiro polos espazos reais e imaxinarios de Misarela de Rodrigo Costoya
Misarela

G2203011 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo

Summary: 

Viaxar a Mondoñedo, da man de Álvaro Cunqueiro, é entrar noutra dimensión na que o espírito de Merlín, Sinbad e Ulises pode percibirse en cada un dos espazos vitais do escritor da vella capital do Reino de Galiza.
Gallego

Que Mondoñedo era unha cidade culturalmente sobranceira antes de Cunqueiro vir ao mundo é algo ben sabido. Mais tamén o é que dende que este xenial escritor andou as súas rúas nada foi para a vella capital do Reino de Galicia como ata entón fora, ata o punto de que hoxe non se poden percorrer cabalmente as paisaxes mindonienses sen o guieiro do mundo literario que este soñou para elas. Falar de Mondoñedo é, en moitos sentidos, falar dese extraordinario señor das palabras que se chamou Álvaro Cunqueiro e que, dalgunha maneira, acabou por refundar a xeografía dunha terra sempre pródiga en artistas.

Non se pode comprender ao escritor Álvaro Cunqueiro sen Mondoñedo e a súa comarca. Este roteiro camiña, da man da biografía e os textos literarios, polos territorios que fecundaron a imaxinación do autor.

  • Código en fprofe: G2203011
  • Relator: Armando Requeixo Cuba
  • Lugar: Mondoñedo
  • Data: 22 de abril de 2023
Roteiro Álvaro Cunqueiro
O territorio mindoniense de Cunqueiro

G2203016 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Emilia Pardo Bazán en Ourense

Summary: 

Unha muller libre e adiantada ao seu tempo
Gallego

Este percorrido reúne todos os elementos para ser un roteiro interdisciplinar: paisaxes preciosas, arquitectura palaciana; igrexas románicas e barrocas, cruceiros dignos de ver... e, por se fora pouco, o roteiro percorre  os lugares que foron escenarios da vida e da obra dunha das grandes escritoras da literatura española, Emilia Pardo Bazán; escritora, xornalista, tradutora, editora, condesa, feminista… O que vén sendo unha muller libre e adiantada ao seu tempo.

O seu paso pola comarca do Carballiño debeuse ao seu casamento temperá, con só dezaseis anos, co carballiñés José Quiroga Pérez de Deza; un fidalgo pertencente a unha familia sen títulos nobiliarios pero cun inmenso patrimonio difícil de cuantificar … A partir dese momento, a escritora vai pasar longas tempadas nas propiedades que os Quiroga posúen na comarca; na casa familiar dos Quiroga no centro urbano, que case parece estar presidindo a praza maior da vila que foi escenario da súa obra El cisne de Vilamorta, e tamén no Pazo de Banga, que Emilia denominou o Balcón do Ribeiro, a onde acudían a finais do verán co gallo das festas da vendima…

  • Código en fprofe: G2203016
  • Relator: Xosé Luís Sobrado
  • Lugar: O Carballiño
  • Data: 03 de xuño de 2023
Roteiro Emilia Pardo Bazán
Unha muller adiantada ao seu tempo

G2203013 Roteiro da lavandeira de San Simón de Eva Mejuto

Summary: 

Memorias das mulleres na Guerra Civil
Gallego

Seguindo a obra A lavandeira de San Simón, con texto de Eva Mejuto e Ilustracións de Bea Gregores, percorreremos, partindo do Porto de Cesantes, as Illas de San Simón e Santo Antón, atendendo principalmente á historia dos seus anos máis negros, cando foi cárcere de campo de concentración franquista, entre 1936 e 1944. A segunda parte da ruta será no Porto da Portela, ao que accederemos desde o antigo lavadoiro da Xunqueira, percorrendo a pé o paseo da Portela, ata chegar ao Porto da Portela, seguindo as pistas das “lavandeiras” ou “madriñas”, a rede de axuda de mulleres que lavaban a roupa aos presos da Illa e do barco-prisión Upo Mendi. A Portela foi, tamén na Segunda Guerra Mundial, un lugar importante para a fuxida de xudeus. Unha familia da zona formou parte destas dúas redes solidarias, a de Faustino Otero (Faustino da Portela) e Bernardina Lino. Un roteiro pola literatura, pola Historia e a memoria.

  • Data: 20 maio 2023
  • Relatora: Eva Mejuto, xornalista e escritora
  • Código en fprofe: G2203013
A lavandeira de San Simón
A lavandeira de San Simón

G2203001 - Gedacht gelacht gelernt

Summary: 

Gedacht gelacht gelernt
Gallego

G2203001 - Gedacht gelacht gelernt 

O vindeio 4 de marzo Annette Theis vai levar a cabo a actividade Gedacht gelacht gelernt onde teredes a oportunidade de involucrarse e familiarizarse cun tema que é novo para moitos de nós. Annette vainos proporcionar unha idea dos fundamentos neurocientíficos da risa no proceso de aprendizaxe e log os participantes poderedes aplicar exercicios como o ioga do risa. O que inicialmente parecía descoñecido para algúns, vai resultar ser unha experiencia dinámica, divertida e profunda da que todos os presentes e, sen dúbida, moitos estudantes no futuro, poden beneficiarse.

A segunda parte da actividade vaise centrar en exemplos de aplicación práctica. Annette Theis achegaranos moitos métodos excelentes para o ensino de linguas estranxeiras que, por unha banda, inflúen positivamente nos estudantes no seu proceso de aprendizaxe coa axuda de impulsos creativos e, doutra banda, pódense aplicar facilmente a unha ampla gama de contidos de aprendizaxe e con poucos materiais.

 

  • Código en fprofe: G2203001
  • Data: 4 de marzo de 2023
  • Relatora: Annette Theis
  • Lugar: Aula 9 do CAFI 

 

    Gedacht gelacht gelernt
    Gedacht gelacht gelernt

    G2202035 Xornadas GÁLIX sobre o libro informativo galego

    Summary: 

    Libros informativos, divulgativos e de coñecemento
    Gallego

    O Consello da Cultura Galega acolle as Xornadas "Libros informativos, divulgativos e de coñecemento para a infancia", organizadas por GÁLIX (Asocación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), en colaboración con outras entidades educativas.

    As ditas xornadas terán lugar o mércores 25 e o xoves 26 de xaneiro, así como o seguinte mércores 1 de febreiro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Existe a posibilidade de asistir de forma presencial e, ademais, serán retransmitidas en directo a través da canle de Youtube de GÁLIX.

    Trátase dunha actividade de 9 horas con posibilidade de certificación, na que o profesorado se pode inscribir a través de FPROFE (código G2202035).

     

    Libros informativos, divulgativos e de coñecemento
    Libros informativos, divulgativos e de coñecemento

    G2203014 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Olga Novo

    Summary: 

    Roteiro polos espazos vitais e literarios de Olga Novo
    O bosque dos cromosomas
    Gallego

    Esta experiencia didáctica propón dotar de contexto á obra de Olga Novo así como amosar o paso do tempo sobre as comunidades rurais e destacar algúns dos compoñentes destas que normalmente son pasados por alto.

    Pola columna vertebral

    O roteiro comeza nun punto de Vilarmao onde está o Simca 1200 en desuso dos veciños da familia da escritora onde naceu no 1975 Olga Novo.

    A partir de aí, o percorrido atravesa toda a aldea en liña recta, semellando o que Novo califica como «unha estrutura de columna vertebral». A dinámica pasa a consistir na autora contando historias persoais relacionadas con cada casa. Unha das paradas que conta con maior simbolismo é a casa natal da poeta: «É de onde procede toda a miña familia paterna e, entón, hai algúns elementos a partir dos cales explico a miña obra, tamén para min mesma». Entre estes, atópase o tractor do seu pai do ano 1975, que representa todos os cambios dados na sociedade cara a maquinización e, a un tempo, na súa propia familia.

    Ao tratarse dun paseo pola aldea na que a escritora desenvolveu gran parte da súa experiencia vital, un dos fins do itinerario é incidir sobre o factor humano e social presente en núcleos rurais como o de Vilarmao. Algunhas das figuras que Olga Novo quere poñer en valor son as de «tantas e tantas mulleres humildes cuxos labores e vidas resultaron invisibles». A autora subliña especialmente todo o legado que algunhas destas mulleres lle deixaron: «Ao carón delas aprendín diferentes cousas da vida moi importantes, quizais moito máis que aquelas que aprendín na escola».

    Historias esquecidas

    Do mesmo modo, a vida infantil no rural é outro dos perfís que busca destacar: «Os nenos e as nenas realizaban permanentemente tarefas de apoio nos traballos que resultaban esenciais para as comunidades campesiñas». A escritora incide na importancia de contar aquelas historias moitas veces obviadas: «Considero que teñen pasado á historia grandes poderes que nos atenazan máis que outra cousa. Polo contrario, non o fan aquelas persoas que verdadeiramente conforman e manteñen a vida».

    A partir destas historias persoais, a autora busca poñer o foco nos cambios que sufriron as relacións entre os veciños do rural que, anteriormente, eran «de carácter familiar nun sentido amplo e profundo». Unha das causas que impulsaron estas e outras mudas ten que ver coa propiedade nos ambientes comunais e é apuntada por Novo: «A propiedade non era tan privada como agora, non había o sentido da intimidade de hoxe en día».

    Datos importantes:

    • Data: 13 de maio de 2023
    • Relator: Olga Novo
    • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
    • Código en  fprofe:  G2203014
    • Lugar: Vilarmao

     

    O día que eu nacín non había ningún gran sinal

    xeaba

    e a herba deixábase rumiar no estómago do frío.

             Olga Novo, Cráter, Editorial Toxosoutos, 2011.

    Roteiro Olga Novo
    Roteiro Olga Novo

    G2214001 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio Machado en Madrid

    Summary: 

    Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio Machado en Madrid
    ¡Madrid, rompeolas de todas las Españas
    Gallego

    Antonio Machado en Madrid é unha evocación dos anos que o gran poeta, nacido en Sevilla, pasou en Madrid coa súa familia. Un paseo polos lugares onde viviu, polos que frecuentou, dos amigos cos que compartiu o seu tempo. Machado case sempre é relacionado con Sevilla, con Segovia, con Baeza e sobre todo con Soria, pero tamén viviu aquí e estivo moi vinculado a Madrid. Propoñémosvos un paseo polo Madrid das súas casas, dos seus institutos, dos seus teatros, das súas tertulias, dos seus amores...

     

    Datos importantes:

    • Data: sábado 4 de febreiro 2023
    • Relator: Paco Juez Juarros
    • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
    • Código en  fprofe:  G2214001
    • Lugar: Madrid

     

    ¡Madrid, Madrid ¡qué bien tu nombre suena,
    rompeolas de todas las Españas!
    La tierra se desgarra, el cielo truena,
    tú sonríes con plomo en las entrañas.

    Antonio Machado, Madrid, 7 de  Noviembre de 1936

     

    Madrid, el frívolo Madrid, nos reservaba la sorpresa de revelarnos, a tono con las circunstancias más trágicas de la vida española, toda la castiza grandeza de su pueblo. En los rostros madrileños, durante unos días de seriedad, vimos a España entera en su mejor retrato. Madrid, frunciendo el ceño oportunamente, había eliminado al señorito y ya podía sonreír otra vez.

    Antonio Machado, Valencia, 7 de Noviembre de 1937

    Antonio Machado
    Antonio Machado