G2302011 Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

Data de celebración: sábado, 04 de maio. Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Lun, 22/04/2024 - 13:31

Oradoiros video

obadoiros cartaz
obadoiros cartaz

OBXECTIVOS:
1.Compartir prácticas verbais e non verbais na aula e na comunidade educativa con sentido estético.
2.Desenvolver recursos e estratexias de apoio para a mediación lingüística.
3.Aprender a conectar coa emoción desde a técnica discursiva.

CONTIDOS:
1.Estratexias orais para a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe de linguas.
2.Optimización do uso de soportes complementarios á fala en distintos contextos.
3.Estratexias de apoio para a mediación lingüística.

ENFOQUE E FORMATO DO EVENTO:
O enfoque do evento procura atender ao desenvolvemento da competencia comunicativa de todo o profesorado, desbotando a idea de que o público base deste tipo de obradoiros sexa só de especialidade lingüística.
Así, o profesorado asistente de todos os corpos e especialidades poderá atopar cuestións de interese para desenvolver: as súas habilidades verbais, tanto en linguas cooficiais coma en linguas estranxeiras, pensando na aula e tamén na comunidade educativa; as non verbais; as persuasivas e de sentido estético; e as de mediación lingüística, cuestión moi relevante para todo o profesorado.
A estrutura do evento procura responder ao enfoque práctico do seu deseño. Por iso, toda a xornada está constituída por sesións simultáneas que responden a un formato obradoiro ou a un formato charla con alto carácter práctico/dialóxico.