Caderno de actividades de Linguas Cooficiais para o Terceiro Trimestre do Curso 2023 - 2024

Linguas cooficiais
Xov, 01/09/2011 - 13:40
Xornada do Día das Letras Galegas
Luísa Villalta
Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado
Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

G2302034 - Xornada do Día das Letras Galegas. Luísa Villalta

Docentes das catro provincias galegas reuniranse para se formar, reflexionar e debater arredor da figura de Luísa Villalta na Xornada do Día das Letras Galegas. Luísa Villalta organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Logo da presentación oficial que contará coa presenza de Valentín García, secretario Xeral de Política Lingúística, Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta, desenvolveranse as conferencias da man de estudosos/as de recoñecido prestixio (Marga do Val, Inma López Silva, Henrique Rabuñal, Manuel Naveira, Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut ) que abordarán desde diferentes perspectivas a figura de Luísa Villalta (biografía, poesía, narrativa, teatro, compromiso...) así como unha mostra de boas prácticas e experiencias dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros educativos relativas á difusión da obra da escritora.

- o O o -

G2302011 - Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado 

Quen dixo que o de comunicarse ben é dos de Linguas??!

Contamos con todo o profesorado de Galicia que queira mellorar a súa competencia comunicativa nesta xornada práctica.

Quererás repetir!!

Data: 04 de maio de 2024

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela

Código en Fprofe: G2302011

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI