Título node Learning object

Historias do meu cole: concurso de debuxo
Ven, 13/11/2015 - 12:22
Cartel do concurso "Historias do meu cole"

Os Bolechas poñen en marcha este concurso de debuxo en colaboración coa TVG e a Obra Social “la Caixa”.

Cada participante pode facer todos os debuxos que desexe na súa categoría correspondente:

  • Categoría A: ata 5 anos
  • Categoría B: entre 6 e 8 anos
  • Categoría C: entre 9 e 12 anos

 

 

 

Os premios organízanse así:

  • Premios semanais: cada semana sortearanse tres Cursos de Inglés (un por categoría) e unha maleta dos Bolechas entre os participantes de cada categoría.
  • Premios finais: haberá un sorteo final en cada categoría. Os gañadores levarán cadansúa televisión Sony Bravia de 32” para eles e unha tablet Android para o seu cole. Os segundos finalistas recibirán unha tablet Android (para eles) e os terceiros finalistas gañarán unha bicicleta.
  • Gran sorteo final: os tres gañadores de cada categoría optarán a un último sorteo dun cheque de 1.000 € para o seu colexio.

Toda a información, as bases e a plataforma para debuxar están na propia web do concurso, www.osbolechas.gal/cole.

O prazo para participar remata o día 11 de decembro de 2015.