Título node Learning object

Xornada formativa "Propostas didácticas centradas no alumnado"
Ven, 20/11/2015 - 10:09
Logo

Esta actividade formativa está centrada na adquisición de boas prácticas TIC para o profesorado de secundaria. Tratáranse distintos aspectos relacionados: Os contornos de aprendizaxe, menores e seguridade na rede, o software social para a aula e presentación de boas prácticas. Contarase con María Paz Prendes Espinosa, directora do grupo de investigación de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Murcia para a conferencia inaugural.

Esta formación está organizada no marco do proxecto europeo ENTELS (Teachers Continuing Professional Development: “Qualified Teachers =  Successful Learners), coordinado polo departamento educativo da Xunta de Galicia e por Universidades e entidades de España, Reino Unido, Irlanda e Lituania, a través do programa de KA2 de Erasmus+  para  2014-2016.

Xornada: G1502010 - Propostas didácticas centradas no alumnado no contexto do proxecto europeo KA2 ENTELS I
Data: sábado 28 de novembro de 2015
Lugar: CIFP Compostela (Lamas de Abade, Santiago de Compostela)
Certificación: 8 h de formación

Para obter máis información pódese consultar a ficha da actividade en FPROFE e o programa anexo.

Menús Learning object node R

Tema

Sección