Título node Learning object

O certame 'Eustory' propón ao alumnado un achegamento ao patrimonio histórico
Mér, 25/11/2015 - 14:03
O certame 'Eustory' propón ao alumnado un achegamento ao patrimonio histórico

O certame 'EUSTORY', concurso de historia a nivel europeo para estudantes de secundaria e bacharelato, propón na súa novena edición un achegamento ao patrimonio histórico a través dunha investigación na que o alumnado deberá reflexionar sobre a súa contorna. A data límite de entrega dos traballos é o 17 de agosto de 2016. A participación está aberta aos estudantes de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, que poden presentarse ao certame de forma individual ou en grupo.

Para o alumnado haberá un primeiro premio de 2500€, catro segundos de 1000€, cinco terceiros de 500€ e10 accésit de 200€; ademais dunha viaxe a Europa. Para os tirores os galardóns serán de 1250€ o primeiro premio, 500€ o segundo, 250€ o terceiro e 100€ o accésit.

Pode consultarse máis información no web www.eustory.es 

Menús Learning object node R