G1802017 EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras

Xornada de linguas estranxeiras dentro do marco EDUlingüe2020
Mar, 09/04/2019 - 14:00
EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras
EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza a Xornada G1802017 EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras, unha xornada de linguas estranxeiras enmarcada nas experiencias EDUlingüe2020.

EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras terá lugar o sábado 4 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

O programa inclúe conferencias, experiencias e comunicacións presentadas por persoas relatoras de diversos contextos académicos e diferentes nacionalidades que abordarán temas como as dimensións do contido e a avaliación en CLIL, a mediación lingüística ou a ludificación na aula de lingua estranxeira. Tamén contaremos coa participación de profesorado de diversos centros educativos galegos que presentarán as súas experiencias en CLIL e no ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras: o programa de dobre titulación Bacharelato e de Baccalauréat Bachibac, os intercambios escolares, as linguas estranxeiras en STEM e ARTS, entre outras.

EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras tamén conta coa visión do alumnado que participou en diferentes programas da Estratexia EDUlingüe2020, que amosará experiencias en primeira persoa para achegar reflexións desde a súa propia perspectiva.

Data: 4 de maio

Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela)

A actividade está aberta a todo o profesorado.

Inscrición en Fprofe co código G1802017.