A Consellería de Educación incrementa en case un 60% a oferta de ciclos de FP Dual

A conselleira de Educación presentou hoxe en Santiago a oferta de formación profesional, con 29165 prazas en primeiro curso nas diferentes modalidades de ciclos formativos

Amplíase a presenza na dual das titulacións vinculadas a sectores estratéxicos

O luns 24 de xuño ábrese o prazo de matrícula para estas ensinanzas, que xa poden consultarse en www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

Ven, 21/06/2019 - 11:34
A Consellería de Educación incrementa en case un 60% a oferta de ciclos de FP Dual

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou hoxe en Santiago a oferta de ciclos formativos para o curso 2019/20, a través do que se incrementa nun 58,7% a oferta de ciclos de FP Dual respecto da do actual curso. Deste xeito, o vindeiro curso académico arrincarán un total de 73 proxectos nesta modalidade (fronte aos 46 do 2018/19).

Entre as novidades, a conselleira destacou a incorporación do ciclo de Coidados auxiliares de enfermaría da familia de Sanidade, combinado nalgún caso co ciclo de atención a persoas en situación de dependencia, a ampliación dos ciclos da familia marítimo-pesqueira en Burela e en Vigo ou a implantación do novo título de Comercialización de produtos alimentarios en 6 centros galegos. Tamén hai un significativo incremento na oferta dual dos ciclos das familias profesionais de Instalación e mantemento, de Enerxía e auga, de Fabricación mecánica ou Transporte e mantemento de vehículos. Ademais, foméntase a incorporación destas ensinanzas en sectores estratéxicos e punteiros, como o da enerxías renovables.

Por outra banda, Carmen Pomar referiuse á posta en marcha, tal e como anunciara, do Módulo de Lingua Estranxeira Profesional, módulo propio da Comunidade Autónoma, nos novos títulos a implantar no curso 2019/2020 sen módulo lingüístico. Incorpora este módulo o ciclo de grao superior de Acondicionamento físico (ofértase en 4 centros: IES Universidade Laboral, en Culleredo; IES A Guía, en Vigo; IES María Soliño, en Cangas; e IES Miguel Ángel González Estévez, en Vilagarcía de Arousa) e o de grao superior en Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina (no CIFP As Mercedes, en Lugo).

Prazas en primeiro curso

A oferta de prazas, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e na que se poderá formalizar a matrícula a partir do luns, contempla 29.165 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 1.197 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 21.309  forman parte do réxime ordinario –8.388 en grao medio, 8.925 en grao superior, 3.402 en FP Básica e 594 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 4.401 son do réxime modular para persoas adultas –2.201 en grao medio e 2.200 en grao superior-, e 2.300 do réxime modular a distancia –900 en grao medio e 1.400 en grao superior-.

No referido á FP Dual  ofértase un total de 1.155 (570 en grao medio e 585 en grao superior). Así, do total dos 73 novos proxectos, na provincia da Coruña entrarán en funcionamento 15 proxectos de FP Dual en grao medio e 20 de grao superior; na de Lugo 10 de grao medio e 8 de grao superior; na de Ourense 4 de grao medio e 5 de grao superior; e na de Pontevedra 7 de grao medio e 4 de grao superior.

Modificacións

Como é habitual, a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e ás características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual. A relación de ciclos pode consultarse xa en www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp.

Os proxectos de FP Dual que abren matrícula para o vindeiro curso 2019/20 amósanse nas seguintes táboas, por provincias (sombreados en amarelo os totalmente novos, mentres que os que están sen sombrear son novas edicións de ciclos que xa se estaban impartindo):

Provincia da Coruña

Centro

Ciclo

Empresa

CIFP Coroso (Ribeira)

GM Elaboración de produtos alimentarios

Salica, Alimentos Congelados S.A.

CIFP Coroso (Ribeira)

GM Elaboración de produtos alimentarios

Angel López Soto, SL

CIFP Anxel Casal-Monte Alto (A Coruña)

Dobre titulación GM Coidados auxiliares enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia

Geriatros, S.A.U.

Quavitae servicios asistenciales, S.A.U.

SAR residencial y asistencial, S.A.U.

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

GM Panadaría, repostaría e confeitaría

Panificadora Santa Cruz, S.L. ,

Panadería Forniños, S.L.

Fariñas das Mariñas, S.L.

Panartesan, S.L.

Panadería Carral, S.L.

Luis y Belén Gómez Gómez, S.L.

Manuel Moscoso Villaverde y otro, S.L..

Industrias Gallegas de Panificación, S.L.

Panificadora San José de Rois, S.C.L.

Panadería Xallas, S.L.,

José Luis Miño Seijas

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

GM Confección e moda

INDITEX, S.A.

CIFP Someso (A Coruña)

GM Soldadura e caldeiraría

Malasa Grupo S.L.,

Mantiñán Lestayo, S.L.

Metales y muebles especiales, S.L.

CIFP Someso (A Coruña)

GM Electromecánica de vehículos automóbiles

 

 

Autocares Antonio Vázquez S.A

Arriva Galicia S.L

Louzao Vehículos Industriales S.L.U

Novo Camión & bus S.L.U

Manuel Rey S.A Betanzos

Manuel Rey Vehículos Industriales S.L.

Talleres Mecánicos Marineda, SCG.

Taveinco S.L

IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña)

GM Comercialización de produtos alimentarios

 

Mercartabria, S.L.U.

Centros Comerciales Carrefour, S.A.

Auchan Retail España S.L.U.

El Corte Inglés, S.A.

Vego Supermercados S.A.

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GM Redes e estacións de tratamento de augas

VIAQUA Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A.U.

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GM Carrozaría

Autogándara, S.L

Automóviles Pérez Rumbao, S.A.

Bonaval Premium, S.L.

Yáñez, S.L.

IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela)

GM Comercialización de produtos alimentarios

 

Mercartabria, S.L.U.

Centros Comerciales Carrefour, S.A.

Supermercados Champion S.A.

Auchan Retail España S.L.U.

El Corte Inglés, S.A.

Vego Supermercados S.A.

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

GM Comercialización de produtos alimentarios

 

Mercartabria, S.L.U.

Centros Comerciales Carrefour, S.A.

Auchan Retail España S.L.U.

Vego Supermercados S.A.

IES Leixa (Ferrol)

Dobre titulación GM Coidados auxiliares enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia

Geriatros, S.A.U.

IES Universidade Laboral (Culleredo)

GM Navegación e pesca de litoral

Puerto de Celeiro S.A. Organización de Productores 77 e varias empresas:

Pesca Reliño, S.L.

Pesquerías Martinez Quelle, S.L.

Madre Querida, S.L.

Sombriza, S.L.

Pesqueras Canoura, S.L.

Basanta Fra Hermanos, C.B.

Pastor Nauta, C.B.

Pesquerías Breogan , S.L.

Hermanos Galdo, S.L.

Breso Pesca S.L

 

IES Universidade Laboral (Culleredo)

GM Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións

Puerto de Celeiro S.A. Organización de Productores 77 e varias empresas:

González Neira, C.B.

Pesquerías Muinelo, S.L.

Perla del Masma, C.B.

Eiroa Couto S.L.

Madre Querida, S.L.

Sombriza, S.L.

Galiana Armadores, S.L.

Pesquerías Abrela, S.L

Pesca Norte Breogan , S.L.

Breso Pesca S.L.

 

 

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

GS Xestión de aloxamentos turísticos

Eurostars Hotel Company, S.L.U.

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GS Sistemas electrotécnicos e automatizados

Eurostars Hotel Company, S.L.U.

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GS Construcións metálicas

Aluminios Cortizo S.A.U.

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GS Automoción

Álvaro Hermida, S.L.

Automoviles Bango, S.L.

Automóviles Pérez Rumbao, S.A

Pérez Rumbao Car, S.L.

Autogándara S.L.

Autos Patiño Noia, S.L.

Bonaval Premium, S.L.

Varela Motor, S.L.

Yáñez, S.L.

 

IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela)

GS Xestión de vendas e espazos comerciais

Leroy Merlin España, S.L.U

Media Markt Saturn Administración España, SAU

Bonaval Premium, S.L.

Varela Motor, S.L.

Yáñez, S.L.

IES San Clemente (Santiago de Compostela)

GS Desenvolvemento de aplicacións web

Tecnologías Plexus, S.L.

CIFP Someso (A Coruña)

GS Proxectos de edificación

Carpintería Metálica Aluman S.L

Malasa Grupo S.L.

Sistemas y Construcciones Alvedro S.L

CIFP Someso (A Coruña)

GS Estética integral e benestar

Eurostars Hotel Company, SLU

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Dobre titulación GS en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración

Eurostars Hotel Company, SLU

IES A Sardiñeira (A Coruña)

GS Química Industrial

Repsol S.A.

IES Ramón Menéndez Pidal  (A Coruña)

GS Xestión de vendas e espazos comerciais

Leroy Merlin España, S.L.U

Media Markt Saturn Administración España, SAU

Roysan Auto, S.A.

Vimianzo Motor, S.L.

Yáñez, S.L.

Autogándara, S.L.

IES Universidade Laboral (Culleredo)

GS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Arce Clima Sistemas y Aplicaciones S.L.

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Mantemento electrónico

Electrónica y comunicaciones noroeste, S.L.

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Enerxías renovables

Técnicas en Instalaciones Renovables SL

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Programación da produción en fabricación mecánica

Intaf Promecan  S.L. U.

Demaq Galicia S.L.

Talleres Metálicos Acebrón, S.L.

Soluciones Metalúrgicas Integrales 1980, S.L.

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

Cad Tech Ingenieros SL

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Deseño en fabricación mecánica

Navantia S.A. S.M.E.

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Mecatrónica industrial

Técnicas en Instalaciones Renovables SL

CIFP Rodolfo Ucha (Ferrol)

GS Asistencia á dirección

Navantia S.A. S.M.E.

CIFP Coroso (Ribeira)

GS Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Aluminios Cortizo, S.A.U.

Amegrove S. COOP. Galega.

Ángel Lòpez Soto S.L.

Conservas Ría de Arosa S.L.

Ignacio González Montes S.A.

Rotogal S.A.

Santiago Manuel Radío García.

Tecfrisa Instalaciones e Ingenieria S.L..

 

Provincia de Lugo

Centro

Ciclo

Empresa

CIFP As Mercedes (Lugo)

GM Electromecánica de maquinaria

Explotaciones Forestales Souto Carrillo, S.L.

Centro Técnico de Maquinaria Forestal, S.L.

Hitraf, S.A.

Guifor Noroeste, S.L.

Hermanos Toimil García, S.L.

José Aníbal Paz Uz

Industrias Guerra, S.A.

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

GM Elaboración de produtos alimentarios

Novafrigsa S.A.

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

GM Construción

Construcciones Mourelle. S.L.

Construcciones Tellao, S.L.

Obras y Reformas Construmen, S.L.

Garvi Lugo construcciones, proyectos y reformas, S.L.

Manuel Santos Gómez

Oribio construcciones y contratas, S.A.

Obras y Reformas Lugo, S.L.

Odegal, S.L.

Óscar Piñeiro López

Pelé design and retail, S.L.

Reformas y Sistemas de Galicia, S.L.

Rubén López Barreiro

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Dobre titulación GM Coidados auxiliares enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia

Geriatros, S.A.U.

Quavitae servicios asistenciales, S.A.U.

Asistencia integral personalizada, S.L.

Geriátricos del principado, S.A.

IES Sanxillao (Lugo)

GM Cociña e gastronomía

Inversiones Hosteleras de Galicia S.L.

IES Sanxillao (Lugo)

GM Servizos en restauración

Inversiones Hosteleras de Galicia S.L.

IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo)

GM Aproveitamento e conservación do medio natural

Asociación Provincial empresarios primera transformación de la madera de Lugo

Maderas Díaz Ramos, S.L.

Carronza, S.L.

Maderas Argimiro, S.L.

Maderera de Cospeito, S.L.

Tojeiro y Vidal, S.L.

Maderas Villapol, S.A.

Maderas Aljalex, S.L.

Maderas Masma, S.L.

Greenalia Logistic, S.L.

Forestal Díaz Casariego, S.L.

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

GM Atención a persoas en situación de dependencia

Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla la Mancha y Galicia

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

GM Carrozaría

Automecanica Talleres Barja, S.L.

Industrial Recense, S.L.

Talleres Cardi. S.L.

Autos Malucar, S.L.

Carrocerías Hermanos Rega, S.L.

Talleres Julio García, S.L.

Talleres Díaz y Varela, S.L.

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

GM Construción

Fernández y Sol Construcciones, S.L.

Gestión Integral de Servicios Viconau, S.L.

Vicente Fernández Martínez

José Manuel Fernández Díaz

Gestión Gratelu, S.L.

Trio Procesos Constructivos, S.L.

Construcar, S.L.

Construcciones Río Ouro, S.L.

Construcciones Os Molineros, S.L.

CIFP As Mercedes (Lugo)

GS Automoción

Talleres La Campiña SL

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

GS Automatización e robótica industrial

Celulosas Asturias S.A.U.

Financiera Maderera S.A

Hornos Sanfiz S.A.U.,

Ingapan S.L.U.

Técnicas de Soft, S.A.

IES Muralla Romana (Lugo)

GS Estética integral e benestar

Inversiones Hosteleras de Galicia S.L.

IES Val do Asma (Chantada)

GS Administración e finanzas

Citadel S.L.U.

IES Val do Asma (Chantada)

GS Axencias de viaxes e xestión de eventos

Hotusa Hotel, S.A.

Restel, S.A.

Faragulla empresarial S.L.

IES Val do Asma (Chantada)

GS Desenvolvemento de aplicacións web

Roomleader S.L. e IGM WEB S.L.

IES de Foz (Foz)

Dobre titulación GS en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración

Eurostars Hotel Company, S.L.U.

IES A Pinguela (Monforte)

GS Estilismo e dirección de peiteado

Albertina Florines Conde

Eva Pérez Belón

Hermanos Campeliños S.L.

María Jesús Vázquez López

Mónica Díaz Domínguez

Paula Rodríguez Núñez

Remedios Fernández Moure

Sonia Rodríguez Rodríguez

Tamara Vázquez Tajes

Virginia González Martínez

 

Provincia de Ourense

Centro

Ciclo

Empresa

CIFP Portovello (Ourense)

GM Comercialización de produtos alimentarios

 

Atlantica Saga Ourense S.L.U.

Centros Comerciales Carrefour, S.A.

Ignacio de las Cuevas S.A.

Vego Supermercados S.A.

IES Universidade Laboral (Ourense)

GM Carrozaría

UNVI S.A.

IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño)

GM Electromecánica de maquinaria

Maquinaria para excavaciones de Galicia, S.L.

Maxideza, S.L.

Hermanos Toimil García, S.L.

Aira, sociedade cooperativa galega

Tecnor Lalín Maquinaria, S.L.

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense)

GM Coidados auxiliares de enfermaría.

Geriatros, S.A.U.

Gero vitalia Ourense, S.L

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense)

GS Desenvolvemento de aplicacións web

Tecnologías Plexus, S.L. e Balidea Consulting & programing, S.L.

IES Universidade Laboral (Ourense)

GS Automatización e robótica industrial

GAESA

IES Universidade Laboral (Ourense)

GS Mecatrónica industrial

GAESA

IES de Vilamarín (Vilamarín)

GS Xestión de aloxamentos turísticos

Eurostars Hotel Company, SLU

IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño)

GS Automatización e robótica industrial

Robotización Industrial de Galicia, S.L.

Robimat Sistemas, S.L.

Gri Towers Galicia, S.L..

Gorgoso Electricidad, S.L.

Implasor Galicia, S.L.

Aceites Abril, S.L.

Cie Galfor, S.A.

 

Provincia de Pontevedra

Centro

Ciclo

Empresa

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

GM Instalacións frigoríficas e de climatización

Eurostars Hotel Company, SLU

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

GM Carrozaría

Álvaro Hermida, S.L.

Pérez Rumbao Car, S.L.

Talleres Gumerjo, S.L.

Varela Motor, S.L.

IES A Guía (Vigo)

GM Comercialización de produtos alimentarios

 

Pontevicus, S.L.U.

Centros Comerciales Carrefour, S.A.

Auchan Retail España S.L.U.

El Corte Inglés, S.A.

Vego Supermercados S.A.

IES Luís Seoane (Pontevedra)

GM Comercialización de produtos alimentarios

 

Pontevicus, S.L.U.

Centros Comerciales Carrefour, S.A.

Auchan Retail España S.L.U.

Vego Supermercados S.A.

IES A Sangriña (A Guarda)

GM Carrozaría

Vehículos Pérez Rumbao, S.A.

Celtamotor, S.L.

Talleres Sport Novas, S.L.

Automóviles Louzao Pontevedra, S.L.U.

Costas y Gestoso, S.L.

Rofervigo, S.L.

Talleres Gumerjo, S.L.

IES de Valga (Valga)

GM Soldadura e caldeiraría

Gama e Hijos, S.L.

Barton Maquinaria, S.L.

Maimbar Group, S.L.

Thune Eureka, S.A.

Alfogar, S.L

IES Ricardo Mella (Vigo)

CM Coidados auxiliares enfermaría

Geriatros, S.A.U.

IES A Guía (Vigo)

 

GS Xestións de vendas e espazos comerciais

Leroy Merlin España, S.L.

Media Markt Saturn Administración España, SAU

Mourente Motor Automoción, S.L.U.

Álvaro Hermida, S.L:

Pérez Rumbao Car, S.L.

Talleres Gumerjo, S.L.

Vehículos Pérez Rumbao, S.A.

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo)

GS Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións

ARVI

Freiremar S.A.

Moradiña S.L.

Pesqueras de Bon S.A.

Febesa Cangas S.A.

Pescapuerta S.A.

Hermanos Gandon S.A.

Agustin Santome S.L.

Pesquerías Carral S.A.

Stella Maris de Bueu S.L.

Armadora Pereira S.A.

Walvisfish S.L.

Gordejuela Pesca S.L.

Pescaberbes S.A.

Angelsonia Pesca SLU

Viverdreams Fish S.L.

CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

GS Xestión de aloxamentos turísticos

Eurostars Hotel Company SLU

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

GS Mecatrónica industrial

Cefrico, SL.

Escurís, SL.

Conservas Daporta, SL.

Ignacio González Montes, SA.

Nestle España, S.A.

Aluminios Cortizo, S.A.U.

Crown Food España, S.A.U.