Título Event node R

S1903025 - Experiencias na normalización e dinamización do galego
Xornadas Xosé Calviño

Data: 

03/03/2020 - 05/03/2020

Lugar: 

CAFI (Santiago de Compostela)
Xoves, 13 Febreiro, 2020 - 14:04

O CAFI e o IES Arcebispo Xelmírez I organizan as xornadas de formación do profesorado “Experiencias na normalización e dinamización do galego. Xornadas Calviño 2020”, que terán lugar os días 3, 4 e 5 de marzo de 2020.

Nestas xornadas presentaranse diferentes experiencias de innovación educativa dirixidas ao fomento do uso do galego no ámbito escolar. As sesións terán lugar na Aula Magna do IES Arcebispo Xelmírez I, en Santiago de Compostela. A inscrición debe tramitarse a través da aplicación web de xestión da formación do profesorado da Xunta de Galicia.