Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021

Ven, 18/06/2021 - 11:47
in

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2020/21.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederanse, para cada categoría, catro premios;

 

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.