Gallego

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2023/2024

Gallego

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes e as ANPAS-AFAS o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade, oferta que pon de manifesto o compromiso da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante e solidaria.
 

Neste novo curso, o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, amplía a súa oferta de charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais..., charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
 

Para poder participar, achégase a seguinte documentación:

Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023

bp
Gallego

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso escolar 2022/23.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederanse, para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

 

Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

O prazo de presentación das solicitudes será contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ata o 30 de setembro de 2023 (incluído).

Colectivo: 

Resolución definitiva dos centros seleccionados do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2021-2022

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao establecido no apartado 8 da Resolución do 29 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2021/22.

 

Colectivo: 

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2022/2023

Plan Director
Plan Director
Gallego

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Para facilitar a participación dos centros docentes nas actuacións incluídas no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos durante o curso 2022-2023, achégase a seguinte documentación:

Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022

pi
Gallego

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso escolar 2021/22.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederanse, para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

 

Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

O prazo de presentación das solicitudes abrangue desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ata o 30 de setembro de 2022 (incluído).

Colectivo: 

Resolución definitiva dos centros seleccionados do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2020-2021

inc
Gallego

Xúntase a Resolución definitiva do 30 de novembro de 2021, pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 7 da Resolución do 15 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2020/21.

Colectivo: 

Resolución provisional dos Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021

premio inclusion
Gallego

Xúntase a Resolución provisional do 8 de novembro de 2021, pola que se fai pública a relación provisional de centros premiados conforme ao disposto no apartado 7 da Resolución do 15 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2020/21.

Colectivo: 

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2021/2022

Plan Director
Plan Director
Gallego

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Para facilitar a participación dos centros docentes nas actuacións incluídas no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos durante o curso 2021-2022, achégase a seguinte documentación:

 

Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021

in
Gallego

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2020/21.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederanse, para cada categoría, catro premios;

 

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
 

Colectivo: