Gallego

Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe

Gallego

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Bancaria "La Caixa" para o desenvolvemento do programa Caixaproinfancia

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Bancaria "La Caixa" para o desenvolvemento do programa Caixaproinfancia

Gallego

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVI)

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVI)

Gallego

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación Autismo BATA

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Autismo BATA

Gallego

Orientadores educativos galegos abordan o protocolo para a atención ao alumnado con altas capacidades intelectuais, que xa está a disposición dos centros

A conselleira Carmen Pomar, explicou que se trata dunha ferramenta para abordar a diversidade desde unha educación inclusiva, e que se engade a outros protocolos que tamén inciden neste aspecto como o de TDAH, de Trastorno do Espectro Autista, de Atención Educativa Domiciliaria ou ao alumnado con discapacidade auditiva, entre outros

A responsable de Educación do Goberno galego participou nunhas xornadas de formación inicial de orientadores e orientadoras das etapas de infantil, primaria e ESO

Gallego
Orientadores educativos galegos abordan o protocolo para a atención ao alumnado con altas capacidades intelectuais, que xa está a disposición dos centros

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, abriu hoxe en Santiago a segunda sesión das Xornadas de Formación Inicial de orientadores e orientadoras das etapas de Infantil, Primaria e ESO, onde se abordou, entre outros temas, a atención ao alumnado cos altas capacidades intelectuais. Nesta liña, os centros educativos galegos dispoñen do Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais, unha ferramenta de traballo que lles servirá de guía á hora de dar unha resposta educativa axeitada ás necesidades destas nenas e nenos.

Este protocolo (dispoñible no portal web da Consellería), vén de sumarse a outros xa en marcha como o de TDAH, de Trastorno do Espectro Autista, de atención educativa domiciliaria ou o de atención ao alumnado con discapacidade auditiva, que serven de guía para avanzar nunha resposta educativa máis axeitada e axustada ás necesidades de cada un dos nenos e nenas.

“Trátase -en palabras da conselleira- de abordar a diversidade desde unha proposta inclusiva que implica que, valorando de forma positiva as diferenzas, se ofreza ao alumnado a resposta educativa que lle permita desenvolver ao máximo o seu potencial e acadar o éxito persoal e social”.

Precisamente a inclusión é un dos aspectos chave do Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais que está xa á disposición dos centros escolares, xa que se fai fincapé na diversidade referida tamén a estes alumnos e alumnas.

O documento define conceptos básicos como o de altas capacidades intelectuais (diferenciando precocidade intelectual, talento e superdotación intelectual), e alude á dobre excepcionalidade na que se xuntan altas capacidades intelectuais con necesidades específicas de apoio educativo. Así mesmo abórdanse cuestións como a identificación deste alumnado (mediante a avaliación psicopedagóxica), a intervención educativa.

As xornadas de formación inicial para orientadores e orientadoras contan coa participación de expertas da talle de Luz Pérez Sánchez, catedrática de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade Complutense de Madrid para abordar a importancia e proceso de identificación do alumnado con altas capacidades intelectuais, e de diversos profesionais da orientación de centros de ensino galegos, que afondarán no enriquecemento curricular, na convivencia ou no liderado de equipos, entre outros temas.

Convenio de colaboración entre a C. Educación, Universidade e F.P. e a Fundación Unicef-Comité español a través de Unicef comité autonómico de Galicia para a promoción e difusión dos dereitos da infancia e a cidadanía global nos c educativos de Galicia

Ponse a disposición das comunidades educativas o Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e a Fundación Unicef-Comité español a través de Unicef comité autonómico de Galicia para a promoción e difusión dos dereitos da infancia e a cidadanía global nos centros educativos da comunidade autónoma de Galicia.

Gallego

A Consellería de Educación convoca a primeira edición do Premio ás boas prácticas de educación inclusiva

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de maio

Gallego
A Consellería de Educación convoca a primeira edición do Premio ás boas prácticas de educación inclusiva

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de convocar a primeira edición do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos e está dotado dunha contía total de 18.000 euros. Este galardón nace como unha medida para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes así como o recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.

Establécense dúas categorías, unha delas destinada a centros de educación infantil e primaria e a outra a ESO, bacharelato e FP básica. Cada una das categorías contará con 1º, 2º e 3º premio (de 5.000, 2.500 e 1.000 euros, respectivamente) e cun accésit de 500 euros.

Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude, na que se recollerán nunha memoria descritiva o conxunto de boas prácticas de inclusión realizadas. Nesta deberase describir tanto os niveis, áreas, materias e módulos nas que se desenvolveron estas accións como o profesorado implicado, os obxectivos, os contidos, as metodoloxías activas empregadas, o procedemento de avaliación e a implicación da comunidade educativa e da contorna do centro, entre outros detalles. A documentación enviarase ao enderezo electrónico inclusioneducativa@edu.xunta.gal. O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de maio de 2019.

As iniciativas premiadas poderán ser difundidas pola Consellería como boas prácticas de inclusión educativa, co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e o currículo á diversidade do alumnado e, en definitiva, unha educación que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornos e culturas inclusivas.

 

Carmen Pomar preséntalles ás entidades de atención á diversidade o novo Servizo de Inclusión e Orientación Educativa

A conselleira de Educación mantivo hoxe unha reunión de traballo con representantes destas asociacións

A Xunta continuará colaborando con estas asociacións en prol dunha escola inclusiva

Gallego
Carmen Pomar preséntalles ás entidades de atención á diversidade o novo Servizo de Inclusión e Orientación Educativa

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, mantivo hoxe unha reunión de traballo con representantes de 37 asociacións de atención á diversidade, ás que lles presentou o novo Servizo de Inclusión e Orientación Educativa. “Un novo departamento co que pretendemos eliminar as barreiras que limitan a aprendizaxe, así como fomentar a participación de todos os membros da comunidade educativa nos procesos de ensino e na socialización e construción conxunta de contornos inclusivos”, sinalou.

Entre as liñas de actuación Pomar destacou a coordinación dos servizos de orientación dos centros, e o traballo para darlles visibilidade e dotalos de instrumentos que faciliten, unifiquen e axilicen o seu labor, a través tanto da formación específica como da súa participación e  implicación na formación en centros.

Así mesmo, explicou que un dos principais eixes da súa actividade neste momento é a elaboración do xa anunciado plan para dinamizar a orientación vocacional e profesional do alumnado que contribúa ao seu desenvolvemento en todas as etapas educativas, con independencia das súas capacidades ou necesidades. Esta acción enmárcase no obxectivo de impulso e xestión de plans, medidas e programas para o fomento da inclusión e a equidade, así como o recoñecemento das boas prácticas de inclusión educativa.

A maiores, o Servizo de Inclusión e Orientación Educativa ten como tarefa a elaboración de protocolos para dar resposta educativa a problemáticas diferentes como o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) ou Trastorno do Espectro Autista (TEA). Neste sentido a conselleira informou ás entidades do avance na elaboración dos referidos ao alumnado con altas capacidades intelectuais e ao alumnado con dislexia e outras dificultades de aprendizaxe.

Así mesmo, explicou que a comunidade educativa en xeral, e en particular a centrada no apoio ao alumnado con necesidades específicas de atención educativa, ten á súa disposición o devandito servizo, accións específicas de formación do profesorado e outras ferramentas, como as escolas de nais e pais (ENAPAS).

Colaboración

Nesta xuntanza a titular do departamento educativo da Xunta comprometeuse tamén a seguir colaborando a través de convenios con todas estas entidades en prol dunha escola inclusiva, “que recoñeza a diferenza como virtude e a diversidade como capacidade”. As actuacións dos convenios con estas asociacións adoitan xirar arredor do asesoramento na atención educativa ao alumnado, docentes e familias, das accións formativas e informativas dirixidas ao profesorado dos centros e da colaboración na orientación sobre metodoloxías axeitadas na intervención educativa, a súa avaliación e as adaptacións curriculares ao alumnado.

Campamentos de verán para persoas con discapacidade. Ano 2019

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta 185 prazas de campamentos de verán para persoas con discapacidade.

Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

  • Presentación de solicitudes: ata o día 3 de maio incluído

 

Para participar nos campamentos de verán para persoas con discapacidade tes que cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter un certificado de discapacidade de grao 33% ou máis.
  • Ter 11 anos ou máis.
  • Non pasar dos 40 anos.
  • Estar empadroado nun Concello de Galicia.
  • Seguir as normas de convivencia do campamento.
  • Poder comunicarte coas persoas no campamento.
  • Poder participar nas actividades do campamento.
  • Poder moverte só no campamento.
  • Non podes ter unha enfermidade contaxiosa.

Máis información

 

Gallego
Campamentos de verán para persoas con discapacidade. Ano 2019

Colectivo: