Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022

Ven, 01/07/2022 - 11:46
pi

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso escolar 2021/22.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederanse, para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accésit

500 €

 

Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

O prazo de presentación das solicitudes abrangue desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ata o 30 de setembro de 2022 (incluído).