Título node Learning object

Alumnado con discapacidade intelectual
Ven, 09/12/2011 - 13:48
Alumnado con discapacidade intelectual

A consideración de discapacidade intelectual require da coexistencia de  tres criterios relacionados entre si: a existencia dun funcionamento intelectual significativamente inferior á media, a presenza de dificultades en dúas ou máis habilidades adaptativas e que se manifeste antes dos 18 anos.

O funcionamento intelectual fai referencia a un nivel de intelixencia inferior ao medio.

Ao falar de habilidades adaptativas, faise referencia á eficacia das persoas para adaptarse e satisfacer as esixencias do seu medio. Estas habilidades deben ser relevantes para a idade de que se trate, de tal xeito que a ausencia delas supoñan un hándicap.  

Con respecto ao referido á idade, o normal é que unha discapacidade intelectual significativa se detecte xa en idades temperás. En relación con isto, cómpre comentar tamén que a discapacidade intelectual pode darse soa ou xunto con outras discapacidades ou síndromes.

Por último, respecto da súa orixe, cómpre dicir que esta pode ser moi diversa.

Orientacións e respostas educativas: Alumnado con discapacidade intelectual

O seu obxecto desta publicación é achegar aos membros da comunidade educativa (pais e nais, profesorado en xeral e mesmo alumnado) información básica referida a temas educativos do seu interese, fundamentalmente aqueles que teñen que ver coas necesidades educativas especiais. Esperamos que a presente publicación divulgativa sexa o primeiro dunha serie de documentos referidos a esta temática, de especial interese para todos, e facilite alomenos un coñecemento elemental sobre o tema.

Trátase de proporcionar aos centros educativos un recurso máis que poida resultar de axuda á hora de tomar conciencia dunha realidade presente nos nosos centros, como é a discapacidade intelectual en toda a súa diversidade, e tomar decisións concretas que respondan ao alumnado que a presenta. Como tal, non é o profesorado especialista, xa ben coñecedor destes temas, o seu destinatario principal, senón o profesorado ordinario e as familias que precisan dun primeiro achegamento ao mesmo.