Título node Learning object

Concurso "Contádenos o voso Día das Letras Galegas 2023"
Xov, 22/06/2023 - 10:46
Imaxe

A Real Academia Galega mantén aberto ata o venres 7 de xullo o prazo para participar no concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras Galegas 2023, convocado ao abeiro do proxecto web para o público infantil Primavera das Letras.

Cada centro educativo poderá concorrer á convocatoria co proxecto ou proxectos que desexe, sexan de centro ou de aula.

O profesorado responsable de cada proxecto amosará na páxina web do colexio, ou nun espazo virtual similar (bitácora da aula ou da biblioteca, canle de Youtube...), a/s actividade/s ou iniciativa/s realizada/s: contos, poesías, carteis, cancións, programas de radio, vídeos...

Os centros deben enviar a/s ligazón/s correspondentes á/s súa/s iniciativa/s ao correo electrónico contacto@primaveradasletras.gal.

Os tres centros gañadores recibirán como agasallo lotes de libros e material promocional de Primavera das Letras. Todas as escolas recibirán un diploma acreditando a súa participación.

As bases do concurso con todos os detalles poden consultarse NESTA LIGAZÓN.