G2302033 Xornadas de Lingua e Literatura

Xornadas autonómicas que axudan ao profesorado de ensino non universitario a recoller ideas e prácticas de interese arredor da Lingua e a Literatura, orientadas tanto á lingua propia coma á lingua cooficial do Estado. En concreto, a presente edición, parte da educación literaria.
Xov, 05/10/2023 - 15:49
G2302033 Xornadas de lingua e literatura
G2302033 Xornadas de lingua e literatura

LUGAR, DÍA E HORARIO:

Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela. 21 de outubro de 2023. 10.00-20.00h. (8 horas de certificación)

Apertura de portas ás 09.00 horas.

Inclúe xantar con buffet libre informal cortesía da CCEFPU.

 

PERSOAS RELATORAS:

Premios Nacionais 2023 Paula Carballeira e Yolanda Castaño . Nando López . Thibaut Deleval . Asís G. Ayerbe . María Solar . Piu Martínez . Raúl Vacas . Fran Guede . Rocío Romero.

 

OBXECTIVOS:

  • Promover a reflexión sobre o concepto de educación literaria.

  • Dar a coñecer pautas didácticas arredor da aprendizaxe e ensino da linguaxe literaria.

  • Revisar os conceptos de lectura, escritura e competencia dixital en relación coa educación literaria.

 

CONTIDOS:

 

  1. O enfoque da educación literaria fronte ao enfoque da literatura dos currículos de linguas.

  2. Cambios conceptuais e metodolóxicos.

  3. Novas ferramentas e novos usos na didáctica da educación literaria.

  4. Prácticas acordes co concepto de educación literaria.

 

COMPETENCIAS PROFESIONAIS:

Competencia comunicativa - Sentido estético, dramático e capacidade de emocionar

Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe

 

CDD:

Deseña situacións de aprendizaxe nas que o uso específico e flexible dos recursos (espazos e materiais) físicos e virtuais responde ás necesidades metodolóxicas e promoven a inclusión e a equidade

Domina diversas estratexias organizativas e de xestión de recursos (espazos e materiais) físicos e virtuais variados e en diferente formato.

Incorpora diferentes códigos (visual, xestual, musical, dramático) fomentando a capacidade de conexión do alumado coa materia.