S2301101 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa

Estratexias eficaces para regular a aprendizaxe
Xov, 11/04/2024 - 22:25
Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa
Mariana Morales

Avaliar convértese, a miúdo, nunha carreira de obstáculos que o alumno supera e o docente certifica, pero que non responde á finalidade de mellorar a aprendizaxe nin en cantidade nin en calidade. Nesta actividade propoñémosche realizar unha avaliación formativa que permita realmente o crecemento do alumnado. Por iso convídannos a reflexionar sobre algunhas prácticas de avaliación que quizais repetísemos sen expornos a fondo se funcionan ou non. Por que facemos o que facemos? Que sustento teórico ten? Recollemos evidencias cuxa análise dá lugar a unha acción inmediata posterior capaz de mellorar o proceso de aprendizaxe? A avaliación formativa non é algo trimestral, mensual ou semanal. Debe suceder á vez que a aprendizaxe, é dicir, dentro das nosas aulas. E, ademais, é posible lograr que os estudantes participen nela de maneira moi activa. Trátase dun labor gratificante para o docente, que comproba como os seus alumnos aprenden máis.

  • Relatora: Mariana Morales
  • Datas: 8 e 9 de maio e 10 de xuño
  • Horario: de 17:00 a 20:00
  • Código en fprofe: S2301101

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI