Título node Learning object

Integración das TIC nos colectivos de persoas con diversidade funcional (In-TIC - Taboleiros de comunicación)
Xov, 05/04/2012 - 14:56
In-TIC

In-TIC (Integración das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nos colectivos de persoas con diversidade funcional) é unha iniciativa que pretende utilizar a tecnoloxía en beneficio das persoas con diversidade funcional e en especial aquelas con dificultades de comunicación, ampliando así as súas posibilidades de comunicación, aprendizaxe e entretemento a través dun acceso simplificado ao ordenador e ao móbil e un comunicador dinámico.

Consiste nunha aplicación gratuíta que ten como obxectivo prover a accesibilidade e uso das TIC independentemente das necesidades e capacidades físicas, psíquicas ou sensoriais destes colectivos. In-TIC esfórzase en reducir a brecha dixital poñendo a tecnoloxía ao servizo do usuario co obxectivo de facerlle a vida algo máis sinxela e ampliando as posibilidades de comunicación, aprendizaxe e entretemento dos colectivos en risco de exclusión.