Gallego

S2103017 STEM en acción. Ed. Infantil e Primaria

Summary: 

Actividade formativa dirixida a implementar os proxectos STEM/STEAM nas aulas de Educación Infantil e Primaria.
Gallego

Obxectivo xeral

Transmitir ós/ás docentes participantes ferramentas e metodoloxías que lles faciliten desenvolver proxectos innovadores na aula, axundándolles a xestionar situacións de incerteza e resover problemas.

 

Obxectivos específicos 

-Potenciar a intelixencia emocional

-Potenciar o traballo en equipo

- Desenvolver a creatividade

-Coñecer, comprender e implementar ferramentas do mundo maker 

-Coñecer, comprender e integrar a Intelixencia Artificial na aula

-Coñecer, comprender e implementar a metodoloxía do design thinking 

-Implementar ferramentas de análise do usuario 

-Mellorar a comunicación inter e intra persoal

-Integrar o feedback como ferramenta de mellora continua

 

Datas:

1 e 2 de outubro.

 

Lugar de celebración:

Hotel Congreso, Santiago de Compostela (indicacións)

 

Sesións de traballo:

Primeira xornada - Venres 1 de outubro

16:30 - 16:40 Presentación do programa

16:40 - 17:00 Dinámicas de intelixencia emocional e visual thinking

17:00 - 17:30 A creatividade

17:30 - 17:40 A técnica das Analoxías

17:40 - 18:50 Pausa café

17:50 - 18:15 A innovación e os casos de éxito na integración de tecnoloxía 

18:15 - 18:30 Presentación do reto  ̈proxectos para mellorar o mundo ̈ 

18:30 - 19:30 Customer Journey Map

19:30 - 20:30 Conceptualización do produto/servizo

Segunda xornada - Sábado 2 de outubro

10:00 - 10:15 Ximnasia creativa

10:15 - 10:45 A intelixencia artificial

10:45 - 12:15 Tecnoloxías para prototipado (Impresión 3D, PictoBlox e Microbit) 

12:15 - 12:30 Pausa café

12:30 - 14:00 Desenvolvemento dos proxectos

14:00 - 16:00 Comida

16:00 - 16:30 Actividades ó aire libre e/ou dinámicas de activación

16:30 - 18:00 Desenvolvemento dos proxectos

18:00 - 18:15 Pausa café

18:15 - 19:00 Finalización dos proxectos

19:00 - 19:30 Storytelling e comunicación

19:30 - 20:00 Presentacións e feedback

 

Observacións:

Aloxamento e manutención incluída na actividade para persoas que non residan en Santiago.

STEM en acción. Primaria
STEM en acción. Infantil e Primaria

Guías para a formación do profesorado

Summary: 

Guías para axudar na procura e xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña
Gallego

Ponse a disposición do profesorado unha serie de guías encamiñadas a facilitar a xestión das actividades de formación do profesorado organizadas polo CFR de A Coruña ou para axudar na procura de actividades ofertadas na rede de formación.  

LIGAZÓN ás guías (acceso aberto):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968

Guías para a formación do profesorado
Guías para a formación do profesorado

UDC. Ferramentas Tecnolóxicas para Docentes

Summary: 

O CFR da Coruña e a Facultade de Ciencias da Educación colaboran na formación do profesorado
Gallego
 A Coruña, 19 de abril de 2021.- O Centro de Formación e Recursos da Coruña colaborou coa Facultade de Ciencias da Educación organizando conxuntamente o evento formativo: UDC. Ferramentas Tecnolóxicas para Docentes, que se desenvolveu de forma telepresencial no marco do Practicum II. O tema central foi o fortalecemento das competencias dixitais do futuro profesorado de infantil e primaria, mediante o achegamento a recursos que serán de g ran interese no exercicio da súa profesión.   
 
 
Ciencias da educación
Ciencias da educación

Nova zona de formación aberta na aula virtual do CFR da Coruña

Summary: 

Sección que contará cunha serie de cursos en formato aberto para o profesorado galego.
Gallego

Creouse unha zona de formación aberta no CFR da Coruña.

Nesta sección ponse á disposición do profesorado galego unha serie de cursos en formato aberto. 

Estes cursos, que inclúen só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos titorizados tanto en Platega como nos CFR da Rede de formación.

A día de hoxe contamos con dúas actividades de ferramentas institucionais:

·         Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes

·         Aproveitamento didáctico de ferramentas institucionais para o ensino mixto

Para poder acceder aos cursos debe ser vostede unha persoa usuaria da aula virtual do CFR, si non o é, pode crear o seu usuario segundo as instrucións indicadas na propia aula virtual.

Unha vez que sexa usuario, ten a chave de automatriculación no acceso de cada curso.

Formación aberta
Formación aberta

1ª feira matemática aldea do couto

Summary: 

Feira matemática na aldea do Couto do 29 de marzo ao 3 de abril
Gallego

1ª feira matemática na irreductible aldea do Couto.

Será os días 29, 30 e 31 de marzo e 1, 2 e 3 de abril de 2021.

Organiza a Fundación Eduardo Pondal e colabora o CFR da Coruña.

 

feira matemática na fundación Pondal
feira matemática na fundación Pondal

Atrévete a pescudar con elas!

Summary: 

Unha iniciativa da USC
Gallego

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

Con este propósito realizaron dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da USC para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.  

Podedes participar nesta iniciativa visualizando os audiovisuais e logo gravando un pequeno vídeo preguntándolles o que queirades ás nosas científicas. Tedes ata o 31 de marzo de 2021 para vos gravar e mandar os vosos vídeos a través dunha ligazón facilitada por qr nos própios audiovisuais.  

Animádevos, xa que entre os participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade, poderedes ver o lugar de traballo das nosas científicas! 

muller e ciencia
muller e ciencia

Próximo inicio dos cursos de contidos dixitais

Summary: 

Cursos que complementan os xa feitos no primeiro trimestre
Gallego

Nas vindeiras semanas darán comenzo os cursos de contidos dixitais:

  • Creación de contidos dixitais para a aula virtual
  • Ferramentas de avaliación na aula virtual
  • Ferramentas para a colaboración e interacción na aula virtual
  • Enriquecemento audiovisual para a aula virtual

Estes cursos pretenden dar continuidade aos xa realizados no primeiro trimestre do curso, incidindo e ampliando os contidos máis interesantes e útiles.

Se hai un número suficiente de docentes dun centro concreto, poderase facer especificamente para ese centro, do contrario, o profesorado interesado integrariase nun curso con profesorado doutros centros.

O prazo límite de inscrición é o 12 de febreiro.

contidos dixitais
contenidos digitales