Gallego

G1603006 V ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Summary: 

Xornada destinada ao profesorado de educación infantil e primaria
Gallego

O sábado 6 de Maio terán lugar os V Encontros e Educación Infantil e Primaria no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.

Esta xornada ten como finalidade propiciar un espazo de intercambio de experiencias de boas prácticas educativas entre o profesorado de educación infantil e primaria.

Celebrarase no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, na rúa Preguntoiro, 23.

Máis información na ficha en fprofe.

 

V Encontros infantil e primaria
V Encontros infantil e primaria

G1601081 Matemáticas divertidas

Summary: 

Curso plan anual 2016-17
Gallego

Dende o 13 de marzo ata o 28 de abril ten lugar un curso na Rede programado para o profesorado de infantil e primaria.

Os obxectivos deste curso inclúen:

1.Fomentar o gusto polas matemáticas, mediante a utilización de metodoloxías activas e manipulativas.

2.Proporcionarlle ao profesorado estratexias didácticas baseadas en xogos, recursos e materiais manipulativos así como distintas estratexias de cálculo e resolución de problemas.

3.Favorecer o deseño de secuencias didácticas contextualizadas e significativas que atendan á diversidade do alumnado.

 

Matemáticas divertidas
Matemáticas divertidas

Eu pago os meus impostos, e ti? A importancia da conciencia fiscal

Summary: 

L1602010 Eu pago os meus impostos, e ti? A importancia da conciencia fiscal
Competencias profesionais Membro dunha organización - Cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento.
Gallego

Referencia: L1602010
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización:  do 22 de marzo ao 2 de abril de 2017.
Lugar: CFR de Lugo
Plazas:  20
Horas: 8


Obxectivos

1.Identificar os distintos bens e servizos públicos e coñecer o seu valor económico e repercusión social.

2.Recoñecer as diferentes fontes de financiamento dos bens e servizos públicos, especialmente as fontes fiscais.

3.Interiorizar as actitudes de respecto polo que é público e, polo tanto, financiado co esforzo de todos e utilizado en beneficio común.

Contidos

1.A educación cívico-tributaria como educación en valores e a súa integración na LOMCE.

2.O programa de educación cívico-tributaria na Axencia Tributaria. Actividades desenvolvidas e estratexias de futuro.

3.O Portal de Educación Cívico-Tributaria na Internet.

4.Para que son os impostos?

5.Quen paga os impostos?

6.Que impostos hai?

7.Que son as aduanas?

8.Quen recada os impostos e controla as aduanas?

9.Desde cando hai impostos?

10.Coñecementos básicos do contribuínte na Internet.

11.Aplicación práctica docente.

12.Resumo, conclusións a avaliación do curso polas persoas participantes. Cuestionarios para a mellora do deseño e desenvolvemento do programa e dos cursos.


Asesor responsable da actividade

Asesor:  JOSÉ MANUEL LÓPEZ CASTRO       nolinho@edu.xunta.es

AEAT
AEAT

Xornadas de robótica e programación

Summary: 

Actividade a desenvolver no CFR de Lugo e dirixido ao profesorado de todos os corpos e especialidades.
Competencias profesionais: - Competente en TIC (Dispositivos) - Competente en TIC (Software)
Gallego

Referencia: L1602005
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización:  Entre o 14/02/2017  e o  22/02/2017
Lugar: CFR de Lugo
Prazas:  20
Horas: 12

 


Obxectivos

1.Dar a coñecer as posibilidades didácticas da robótica e a programación na aula nos distintos niveis educativos.

2.Ofrecer recursos relacionados coa robótica e a programación.

3.Achegar experiencias de boas prácticas en proxectos de robótica e programación.

Contidos

1.Linguaxes de programación por bloques.

2.Robótica educativa (robots, kits, Arduino, sensores).

3.Programación de robots.


Asesor responsable da actividade

Asesor:  CONDE IGLESIAS, CAMILO       camilo.conde@edu.xunta.es

Xornadas Robótica e programación
Xornadas Robótica

G1601017 O ensino aprendizaxe da lingua escrita

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer e analizar as investigacións sobre o ensino e aprendizaxe da lingua escrita; Fornecer pautas metodolóxicas para o desenvolvemento curricular da lingua escrita; analizar e deseñar secuencias didácticas para traballar distintos tipos de texto.

Enlace fprofe:

http://Enlace Fprofe:https://www.edu.xunta.es/platega2/enrol/users.php?id=507

Lingua escrita
Lingua escrita

S1601085 Mindfulness para o profesorado: técnicas de relaxación e redución do estrés

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

Os obxectivos deste curso inclúen introducir técnicas de relaxación e calma; incrementar a atención e concentración do alumnado; preparar a mente para un mellor rendemento na aula.

Os contidos son os seguintes:

1.Mindfulness. Que é o mindfulness. Programas que o desenvolven. Conexión mente corpo. A respiración.

2.A preparación mental. Atención interior e exterior. Prestar atención ao corpo.

3.Como nos engaña a mente.

4.Xestión das emocións.

5.Técnicas de relaxación.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74066

mindfulness
mindfulness

S1601068 Desenvolvemento da creatividade en infantil e primaria a través de dispositivos móbiles

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

Desde o 25 de xaneiro de 2017 desenvólvese un curso presencial no CAFI, programado para profesorado de infantil e primaria, de 20 horas de duración.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer metodoloxías, estratexias e ferramentas útiles para o desenvolvemento da creatividade; integrar os dispositivos móbiles no traballo da creatividade; sensibilizar ao profesorado da importancia de fomentar a creatividade no alumnado.

Os contidos son:

1.Utilización significativa de dispositivos en experiencias de aprendizaxe.

2.Aplicacións educativas que axudan a expresar a creatividade do alumnado.

3.Metodoloxías activas con dispositivos móbiles.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=74039

 

 

Creatividade
Creatividade

Instrumentos e estratexias para a detección do abandono escolar temperán

Gallego

Podes acceder á aula virtual do proxecto facendo clic na seguinte ligazón: All Aboard

All Aboard
All Aboard

Propostas para escolaTAC Infantil e Primaria

Summary: 

Propón temáticas e relatores para a actividade "G1602003 - Xornada escolaTAC Infantil e Primaria" que se celebrará o sábado 25 de marzo na EGAP en Santiago.
Gallego

O sábado 25 de marzo celebraremos na EGAP (Santiago de Compostela) a actividade EscolaTAC Infantil e Primaria e estamos elaborando o programa. Que temáticas che apetecería que aparecesen? Gustaríache que participase algún relator concreto?

Coas propostas de todos e todas podemos facer un escolaTAC mellor. Deixa as túas suxestións no correo antonvicente@edu.xunta.es .

escolaTAC infantil e primaria
escolaTAC infantil e primaria