Gallego

S1802021 Atención a urxencias sanitarias para familias

Summary: 

Nova actividade para as familias adicada á atención de urxencias sanitarias e aplicación dos primeiros auxilios, con especial atención á manobra do RCP e o manexo do DESA
Gallego

Durante os últimos anos houbo unha importante sensibilización da poboación cara aos métodos e as técnicas de atención inicial nas situacións de emerxencia.

O feito de que a cidadanía saiba realizar manobras de primeiros auxilios e reanimación, permite diminuír os tempos de asistencia aumentando as posibilidades de éxito nunha intervención favorecendo así o resultado final do accidentado.

Unha rápida chamada a emerxencias sabendo informar correctamente sobre a circunstancia á que nos enfrontamos así como unha actuación rápida de primeiros auxilios, que permitirá poder manter ao accidentado en condicións adecuadas ata a chegada do persoal sanitario.

Entendemos por primeiros auxilios a atención inmediata que se lle dá a unha persoa enferma, lesionada ou accidentada no lugar dos acontecementos, antes de ser atendido por persoal sanitario ou trasladado a un centro asistencial ou hospitalario.

DATAS DE REALIZACIÓN

17-01-2019 (Carlos Prados e Fernando Souto)

     - 17:00 - 17:15 - Presentación, introdución e obxectivos.

     - 17:15 - 20:00 - RCP básica - Desobstrución da vía aérea - Posición lateral de seguridade - Coñecemento e manexo dunDESA (desfibrilador externo semiautomático)

23-01-2019 (Patricia Giráldez e Fernando Souto)

     - 17:00 - 18:30 - RCP básica - DESA integrada - Avaliación RCP básica e DESA integrada

     - 18:30 - 20:00 - Obradoiro de manexo de intoxicacións (contacto cutáneo, contacto ocular, inxesta de substancias tóxicas) - Queimaduras e escaldaduras

30-01-2019 (Carlos Prados e Fernando Souto)

     - 17:00 - 19:30 - Obradoiro de manexo de escenarios clínicos (diabetes, anafilaxia, convulsións, dificultade respiratoria...) - Inmobilización, vendaxes, feridas menores.

     - 19:30 - 20:00 - Dúbidas comentarios e conclusións

 

OBXECTIVOS

OBXECTIVOS XERAIS

  • Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería

  • Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Saber iniciar a cadea de supervivencia

  • Coñecer a manobra da RCP básica

  • Manexar adecuadamente un desfibrilador externo semiautomático

  • Ser capaz de recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, desobstruír unha vía aérea e empregar a posición lateral de seguridade.

  • Saber como actuar ante intoxicacións, queimaduras e escaldaduras.

  • Ser capaz de manexar diferentes escenarios clínicos

  • Coñecer como realizar unha inmobilización, unha vendaxe e como tratar feridas menores.

CONTIDOS

  • Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.

  • Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo

Atención a urxencias sanitarias
Urxencias sanitarias

Felicitación de Nadal 2018

Summary: 

O CAFI deséxavos unhas felices festas!
Gallego
Felicitación de Nadal 2018
Felicitación de Nadal 2018

G1802011 Xornada de atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica

Summary: 

Xornada de atención ao alumnado con enfermidade crónica.
Gallego

Esta xornada ten por obxectivos:

1.Coñecer e dominar as actuacións básicas na atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica.

2.Favorecer as habilidades de apoio e titoría do alumnado con enfermidade crónica para o seu pleno desenvolvemento social.

3.Construír colaborativamente a atención ao alumnado con enfermidade crónica como unha responsabilidade comunitaria.

 

A actividade é exclusiva para profesorado que acredite a condición de voluntario na atención ao alumnado con enfermidade crónica.

Terá lugar  no CIFP Compostela o vindeiro 26 de novembro de 2018, de 09:30 a 20:00.

Atención educativa a alumnado con enfermidade crónica
Atención educativa a alumnado con enfermidade crónica

S1802015 Xornada de educación para a igualdade. Curso 2018/2019

Summary: 

Xornada de educación para a igualdade. Estratexias e recursos para o traballo coeducativo nos centros.
Gallego

DATA: 1 de decembro

LUGAR: EGAP-Santiago de Compostela

 

Actividade formativa que ten por obxectivos:

1.Coñecer o I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020.

2.Afondar no modelo de coeducación e introducir a perspectiva de xénero nas dinámicas educativas.

3.Integrar a perspectiva de xénero no traballo cara ao éxito escolar e garantir que a formación inicial e ao longo da vida, acolle a todo o alumnado na súa diversidade.

Educación para a igualdade
Educación para a igualdade

G1802015 Xornadas equipos directivos CEE

Summary: 

Xornadas de formación especializada para os equipos directivos dos centros de educación especial.
Gallego

Os obxectivos da actividade son:

  1. Afondar no coñecemento da xestión económica, do alumnado, de persoal e de espazos nos centros de educación especial.
  2. Coñecer diferentes dinámicas que faciliten o traballo neste tipo de centros e promoción de convenios de colaboración.
  3. Manexar diferentes protocolos de actuación ante problemáticas xurdidas na convivencia no centro.

15 horas presenciais distribuídas en dúas sesións: a primeira celebrarase o vindeiro 24 de novembro en Santiago de Compostela e a segunda realizarase no 2º ou 3º trimestre.

Consulta a ficha da actividade e inscríbete en Fprofe. 

Xornadas de formación de equipos directivos de centros de educación especial
Xornadas de formación de equipos directivos de centros de educación especial

S1801049 Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

Curso de tratamento do TDAH na aula en colaboración coa Fundación INGADA e a Fundación María José Jove
Gallego

O obxectivo do curso é o de facilitar ao profesorado estratexias e pautas de intervención para o tratamento educativo do alumnado que presenta TDAH.

Os contidos que se van tratar están relacionados co coñecemento dos modelos explicativos do TDAH, das dificultades de aprendizaxe que este pode levar asociadas, e das pautas educativas necesarias para dar resposta ás necesidades educativas que presenta o alumnado.

É unha actividade mixta cunha fase na Rede que ten por obxecto o deseño dun breve proxecto de intervención na aula.

DURACIÓN: 25 horas  16 presenciais     9 na Rede

DATAS: 4-11-18 e 25 de outubro na fase presencial   3 de decembro: Finalización da fase na Rede

LUGAR: CAFI

Curso Tratamento do TDAH no ámbito educativo
Curso Tratamento do TDAH no ámbito educativo

S1801052 Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais

Summary: 

Actividade en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para contribuír á formación do profesorado na educación na igualdade nas relacións afectivo-sexuais dende diferentes ámbitos
Gallego

DURACIÓN: 20 HORAS

12 presenciais e 8 na Rede

LUGAR: Salón de Actos da Consellería de Sanidade

 

As relacións afectivo-sexuais forman parte do desenvolvemento das persoas e cobran especial relevancia na adolescencia. O profesorado debe coñecer e aplicar ferramentas que lle permitan o achegamento ao alumnado na promoción de actitudes igualitarias e seguras nas súas relacións.

A actividade ten como obxectivos:

1. Coñecer os principios da educación afectivo-sexual desde unha perspectiva de xénero.

2. Aplicar estratexias de traballo para favorecer as relacións interpersoais e o traballo en afectos.

3. Utilizar estratexias para a promoción da saúde integral no ámbito afectivo-sexual.

Os contidos básicos que se desenvolverán nas sesións:

Educación. Igualdade. Educación afectivo-sexual na escola

A educación sexual na aula: modelos e actitudes

Sexo seguro.

- Métodos anticonceptivos.

- Infeccións de transmisión sexual.

- Proposta de actividades para traballar esta temática nas aulas de secundaria.

Proposta de accións do profesorado.

Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais
Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais

S1801048 Curso de Lingua de signos básico

Summary: 

Curso de Lingua de signos de nivel básico. Formación impartida pola FAXPG ( Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) en convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Gallego

Duración: 30 horas

Sesións:12   

Horario: 17:00 a 19:30 luns e mércores

Setembro-outubro de 2018

Lingua de signos básico
Lingua de signos básico

G1801058 Formación inicial para orientadores e orientadoras das etapas de educación infantil, primaria e secundaria. Curso 2018-2019

Summary: 

Actividade dirixida a persoas orientadoras de nova incorporación que non teñan realizada formación no ámbito da orientación.
Gallego

A formación relativa a esta actividade ten por obxecto facilitar a información necesaria ás persoas responsables da orientación educativa que se incorporan de novo aos Departamentos de Orientación dos centros, para a posta en marcha destes.

A actividade consta de dúas partes:

Presencial: 16 horas 28 e 29 de setembro

Na Rede: 8 horas

Lugar: Hotel Congreso       Santiago de Compostela

Formación Inicial Orientación
Formación Inicial Orientación

S1803001 Calendario da igualdade

Summary: 

Formación que ten por obxecto a preparación de actividades e materiais para a conmemoración de efemérides, ao longo do curso, dende a perspectiva da educación para a igualdade
Gallego

S1803001 Calendario da igualdade

Actividade de 50 horas de duración: 30 presenciais ao longo do curso e 20 na Rede

Datas: Inicio o 26 de setembro de 2018

           Fin o 9 de xuño de 2019

Lugar: IES Xelmírez I    Santiago de Compostela

Calendario da Igualdade 2018-2019
Calendario da Igualdade 2018-2019