Gallego

Espazo Educar no CPI As Revoltas

Summary: 

Charla sobre "Alimentación saudable" dirixida a familias.
Gallego

O venres 27 de maio ás 19:00 h. terá lugar unha actividade formativa no salón de actos do CPI As Revoltas.

A actividade está dirixida ás familias do alumnado dos centros educativos da bisbarra, e será impartida pola especialista Sandra Varela Amado.

 

 

Alimentación saudable, As Revoltas
Alimentación saudable, As Revoltas

Axudar a aprender

Summary: 

Venres día 6 de maio ás 17:00 en Camariñas conferencia de Hector Ruíz
Gallego

O venres 6 de maio ás 5 da tarde como parte das actividades Espazo Educar Costa da Morte  que o CFR da Coruña leva a cabo neste curso, o neurólogo Hector Ruíz falará de cómo ensinar a aprender, cómo aprendemos e cómo ensinar ó método científico na escola. Nesta ocasión a charla terá lugar no Museo do Encaixe de Camariñas.

Héctor Ruiz Martín (@hruizmartin) é neurobiólogo, investigador nos campos da psicoloxía cognitiva da memoria e o aprendizaxe en contextos educativos, e director da International Science Teaching Foundation. Tamén dedicou tempo a escribir divulgación sobre o aprendizaxe en ensaios como "Aprendiendo a aprender"(2020) e "¿Cómo aprendemos?. Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza" (2020). 

Aprender a aprender con Hector Ruíz
Aprender a aprender con Hector Ruíz

Educa TIC

Summary: 

Arteixo Innovación.V encontro de experiencia Educa TIC o 4, 5 e 6 de maio de 2022.
Gallego

Arteixo Innovación. V encontro de experiencia Educa TIC o 4, 5 e 6 de maio de 2022.

Inscricións: Correo electrónico: educacion@arteixo.org ou teléfono: 981 64 72 94 - 981 65 91 41

Data límite: 3 de maio

                   Prazas limitadas ata completar aforo

Encontro presentado por Eva Iglesias, Xefa de informativos de COPE Coruña

4, 5 e 6 de maio de 2022 no Centro Arteixo Innovación Avda Arsenio Iglesias, 46, 15142 Arteixo, A Coruña

E ademáis os días 4, 5 e 6 de maio - Servizo de conciliación para asistentes: Actividades para nenos e nenas con previa inscrición

 

Educa TIC. V encontro de experiencias
Educa TIC. V encontro de experiencias

Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína

Summary: 

Plan de Escolarización e Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína no Sistema Educativo Galego
Gallego

Información sobre axuda a Ucraina - Інформація про допомогу Україні

Podes descargar o PDF resumo facendo clic no ficheiro do final da páxina.

Toda a información nas seguintes ligazóns

Plan de Escolarización e Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína no Sistema Educativo Galego

Normativa

Recursos

Equipamento TIC

PDF resumo facendo clic no ficheiro

Ucraína
Ucraína

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Actividades do segundo e terceiro trimestre do curso 2021/22.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Segundo e terceiro trimestre

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento.

Data: 

22/03/2022 - 31/07/2022

Áreas-CAFI: 

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Actividades do segundo e terceiro trimestre do curso 2021/22.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Segundo e terceiro trimestre

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento

Actividades formativas FP_2_3_trimestre
Actividades formativas FP_2_3_trimestre

O2101070 Presentacións multimedia. Xestión de arquivos audiovisuais

Summary: 

Curso das familias profesionais de AGD, FOL e COM: O2101070 Presentacións multimedia. Xestión de arquivos audiovisuais
Gallego

Código do curso: O2101070 

Título: Presentacións multimedia. Xestión de arquivos audiovisuais 

Modalidade: Cisco Webex

Data límite de inscrición: 7 de marzo de 2022

Horas presenciais: 22   Horas non presenciais: 13   Horas totais: 35

Prazas: 20

Temporalización e horario:  21, 24, 28, 31 de marzo. 04, 07, 21, 25 e 28 de abril. 02 de maio en horario de 16:00 a 18:00

Destinatarios: profesorado de FP das familias profesionais de AGD, FOL e COM.

Obxectivos: 

  1. Saber xestionar e editar arquivos multimedia.
  2. Manipular de forma básica arquivos audiovisuais en varios formatos.
  3. Coñecer e traballar con ferramentas de presentación en liña.

Contidos:

  1. Arquivos multimedia. Formatos. Edición de imaxes con Photoscape.
  2. Edición de arquivos de son con Audacity.
  3. Edición e creación de vídeos con OpenShot e OBS.
  4. Gravación e captura do escritorio.
  5. Ferramentas de edición de presentacións en liña Canva e Prezi.

Relator: Julio Mosquera González

Asesora responsable da actividade: Julia Rúa Pérez (juliaruaperez@edu.xuntal.gal)

O2101070  Presentacións multimedia. Xestión de arquivos audiovisuais
O2101070 Presentacións multimedia. Xestión de arquivos audiovisuais

S2101136 - Incidentes de ciberseguridade

Summary: 

Plans de prevención, ferramentas e medidas de protección frente a incidentes de ciberseguridade.
Adecuación de medidas en ciberseguridade.
Gallego

Formación específica  no tema a tratar.

Corpos e especialidades

511107 - Catedráticos de ensino secundario. Informática
511124 - Catedráticos de ensino secundario. Sistemas electrónicos
590107 - Profesores de ensino secundario. Informática
590124 - Profesores de ensino secundario. Sistemas electrónicos
591202 - Profesores técnicos de formación profesional. Equipos electrónicos
591227 - Profesores técnicos de formación profesional. Sistemas e aplicacións informáticas

Obxectivos

  • Deseñar plans de prevención e concienciación en ciberseguridade establecendo normas e medidas de protección.
  • Detectar, analizar, investigar e documentar incidentes de ciberseguridade.
  • Implementar medidas de ciberseguridade como resposta aos incidentes detectados.

 

Contidos

 

  • Plans de prevención e concienciación en ciberseguridade.
  • Ferramentas para a detección, análise e documentación de incidentes de ciberseguridade.
  • Medidas de protección frente a incidentes de ciberseguridade.

Horas 

  • 30 horas certificadas
Cartaz Incidentes Ciberseguridade

S2101134 Deseño e administración de redes con Mikrotik

Summary: 

Mikrotik MTCNA
Gallego

O curso Deseño e Administración de Redes con Mikrotik ten como principal obxectivo a aplicación dos conceptos básicos de  Networking en equipos  Mikrotik.

 

A nosa proposta consiste en:

  • Introducir e afianzar conceptos básicos de  networking.
  • Contextualizar os conceptos básicos de  networking en situacións reais.
  • Proporcionar as directrices do deseño de redes tanto  cableadas como  Wireless.
  • Aplicar os conceptos básicos de  networking en equipos  MikroTik.
  • Expor e resolver un caso de estudo por tema.
  • Resolver un caso real de aplicación dos coñecementos adquiridos: deseño dun  WISP.

 

HORARIO:

  • 27-09-2021 de 16:00 a 20:30h
  • 28-09-2021 de 16:00 a 20:30h
  • 29-09-2021 de 16:00 a 20:30h
  • 07-10-2021 de 16:00 a 20:30h

RELATOR

   Raúl González Bayón

LUGAR

  • CAFI - Santiago de Compostela
  • Aula 10

HORAS

  • 16h presenciais
  • 12h non presenciais
Deseño e administración de redes con Mikrotik
Deseño e administración de redes con Mikrotik

S2101135 Fundamentos e estándares en ciberseguridade

Summary: 

Curso de formación e especialización en ciberseguridade do plan de Formación Profesional 2021-2022.
Gallego

Curso de especialización en fundamentos e estándares de ciberseguridade para docentes de Formación Profesional.

Duración:

40 horas

Modalidade:

Mixta.

Horas presenciais: 24 (Videoconferencia vía Webex)

Horas non presenciais: 16  (En rede na plataforma virtual do curso)

 

Obxectivos:

1.Desenvolver plans de prevención e concienciación en ciberseguridade.

2.Coñecer a normativa vixente de ciberseguridade de ámbito nacional e internacional.

Contidos:

1.Principios xerais en materia de ciberseguridade. Normativa de protección do posto de traballo. Plan de formación.

2.Normas nacionais e internacionais. Sistema de Xestión da Seguridade da Información.

Datas:

 06/09/2021  -  17/09/2021

Observacións:

Esta actividade realizarase totalmente de xeito telemático, a parte presencial a través de videoconferencias empregando Cisco Webex e a parte non presencial mediante unha aula virtual de apoio á docencia.

É unha actividade en colaboración con Telefónica.

 S2101135 - Fundamentos e estándares en ciberseguridade
S2101135 - Fundamentos e estándares en ciberseguridade