IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

No CEIP de Ardán esforzámonos por educar día a día ao noso alumnado na igualdade entre mulleres e homes. Intentando concienzalos porque esa igualdade sexa factible en todos os ámbitos. Para que non sexa unha utopía, senón unha realidade e elas e eles teñan as mesmas oportunidades nun futuro non moi lonxano.

O 8M é un traballo de concienciaón e visualización do traballo das mulleres. Por iso, este ano colocamos un expositor de mulleres escritoras de distintos lugares. Ademais, o Concello de Marín, entregou  as nenas e nenos  uns globos violetas co lema "Igualdade entre mulleres e homes" e  carteis contra a precariedade laboral nas mulleres.

 

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031