Abalar Móbil
SAÍDAS AFUNDACIÓN 2019-2020
Están programadas ao longo do curso 2019-2020 que as nenas e os nenos de Ardán realicen distintas saídas para desfrutar de diversos espectáculos de artes escénicas e de obradoiros de arte plástica adaptadas as distintas idades. As propostas son:
-GAIA ( 3º e 4º de EP)
SAÍDA PAZO DA CULTURA : TERANGA
As nenas e nenos de quinto e sexto desfrutaron no Pazo da Cultura de Pontevedra dunha actuación chea de movemento, cantos e instrumentos.
DÍA DO AUTISMO
Neste día o colexio realizou distintas actividades para sensibilizar e concienciar ao noso alumnado de que é o autismo. Como a lectura do libro "O cazo de Lorenzo" e facer o símbolo do infinito con distintas cores. Adxuntamos un cartel de distintas actividades que realizaranse na comarca do Morrazo.
Semana da froita
Outro ano máis, tras o éxito das edicións anteriores, levaremos a cabo dúas semana de reparto de froita fresca ao alumnado, no recreo, grazas ás subvencións do Fondo Galego de Garantía Agraria da Xunta.