AGASALLA UN LIBRO!
O martes 23 de abril celebramos no colexio o DÍA DO LIBRO, agasallando a tod@s @s nen@s do noso colexio un libro da nosa Biblioteca.
Ademais elaboraron uns marcapáxinas co debuxo da ROSA DOS VENTOS. A rosa que é a flor que se agasalla neste día e a rosa dos ventos coma símbolo de orientación para os mariñeiros e que o relacionamos co Proxecto que levamos a cabo neste curso " A volta ao mundo".