VISITA DO ESCRITOR MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

A Biblioteca Illa de Borli acolleu este luns ao escritor Miguel Ángel Alonso Diz, escritor do libro "Música no faiado", "A nena á que non deixaban ser feliz",...

Cando chegou ao colexio @s nos@s nen@s o recibiron con gran alegría xa que o recoñeceron rapidamente, este entusiasmo durou todo o tempo que estivo con nós. Non lle pararon de preguntar sobre a súa vida, como chegou a ser escritor/a e como se fai un escritor/a, como sabe tanto sobre os nen@s, se vai a ver segunda parte do seu libro,... e como non Miguel Ángel contestou a todas as preguntas e animoulles a ler e escribir.  Que importante e saber transmitir o que queremos contar aos demais!

Foron dúas horas hipnóticas na que cativos e maiores aprendimos  en primeira persoa  a profesión de ser escritor/a.

Grazas Miguel Ángel Alonso Diz por asinar un por un, e con gran agarimo e paciencia, os libros das nosas rapazas  e os nosos rapaces.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031