BOTA REDES NO ENTROIDO DE ARDÁN

          PINCHA NA IMAXE PARA VER VÍDEO

O colexio de Ardán, leva toda esta semana sumerxido na festividade do Entroido. Coa  chegada do Entroidiño ( este ano a Xardaniña) que nos avisa e invita a comezar a alegría e diversión do Entroido coas súas ordes.

O día  12 de febreiro foi o día grande en Ardán, e tod@s foron disfrazad@s dalgún animal mariño. Físoxe un desfile por  todo o cole onde non faltou a gaita e tod@s tocaron algún instrumento de percusión.

Tamén cada curso preparou unha coreografía ( relacionada coa disfrace que levan) para representar ao resto dos compañeir@s.

Ademais, cada nen@ levou unha merenda individual de Entroido con filloas, orellas,...

Este curso ten moito de diferente, pero non perdimos en ningún momento a emoción e o entusiasmo.

 

               PINCHA NA IMAXE PARA VER VÍDEO

 

E FIXEMOS  O XUÍZO A NOSA ENTROIDIÑA ........  “XARDANIÑA”

PINCHA NA IMAXE

 

 

 

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031