AS MATRIARCAS DO ARDÁN (8M)
PINCHA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
Un dos grandes retos deste século é acadar unha auténtica. igualdade de dereitos das mulleres respecto a dos homes. Porén, no CEIP de Ardán esforzámonos día a día por educar ao noso alumnado na igualdade de xénero.Realizando actividades e aplicando todos os recursos posibles para edúcalos e concienzalos nesta realidade.No cole, traballamos por un futuro en igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
PINCHA NA IMAXE
O 8M serve para concienciar e facer visible o traballo diario das mulleres. Por iso, coma neste últimos anos colocamos un expositor con libros da MALETA DA IGUALDADE ( do CFR). Neste día fixemos a lectura do conto "As princesas tamén se tiran peidos".
E como non, Borli, a nosa mascota da Biblioteca Illa de Borli, implicou a toda a escola para crear o CAMIÑO CARA a IGUALDADE con pedras pintadas de cor violeta.
Ademais, o Concello de Marín, entregou as nenas e nenos uns crebacabezas co lema " Ao volante cara á igualdade"
Durante esta semana seguiremos realizando actividades dentro e fóra da aula sobre o 8M .