OBRADOIRO ARPILLEIRAS: ILUSTRACIÓNS CON TECIDO E FÍO

 

PINCHA NA IMAXE

 

Neste obradoiro a rapazada de Ardán confeccionou con tecidos compostos coma se fose un collage para crear unha escena. Despois de que coñeceran a historia desta técnica, que xurdiu en Chile, realizaron o seu propio deseño. Empezaron creando a ilustración que posteriormente foi trasladada á tea. A partir dese momento escolleron os apliques a utilizar, para rematar bordando pequenos detalles.

No proceso aprenderon diferentes tipos de puntadas e técnicas para crear a "nosa propia arpillera".

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031