MARTÍN CÓDAX

 

Martín Codax, trobador galego da segunda metade do século XIII e comezos do XIV, orixinario de Vigo, referenciou a súa cidade nos seus poemas en numerosas ocasións. Atribúeselle un total de sete cantigas de amigo ao seu traballo literario, as cales figuran nos cancioneiros de lírica galaico‑portuguesa e no Pergamiño Vindel. Non se sabe moito sobre el e da súa traxectoria, pero o que é certo é que ninguén pode discutir a súa grandeza lírica. A conxunción dos seus textos coa música — a cal é o vehículo da súa poesía— forma parte das cantigas galegas, que gozan dunha dimensión histórica, cultural e identitaria de grande alcance. Con todo o que representa o seu legado, é o persoeiro máis indicado para protagonizar un festexo que inaugurará a súa vertente máis musical.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031