Día da nena e entrega do carné da biblio
Como cada 11 de outubro conmemoramos o "Día Internacional das nenas" para sensibilizar sobre o empoderamento das nosas nenas. Nese día realizáronse dúas lecturas que trataban sobre dúas nenas ( "Orellas de bolboretas e "Cincenta e as zapatillas peludas")na Biblioteca Illa de Borli. Dúas historias moi diferentes que foron lidas e interpretadas pola rapazada.
Ademais fíxose entrega a cada nena e neno do seu carné lector, para facer os empréstamos e devolucións dos libros de xeito dixital.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Carné lector.pdf | 257.48 KB |