Visitas ao colexio

Contacontos Olga Cuervo

Con motivo das actividades de animación á lectura programas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca para este curso. Tivemos a visita da contacontos Olga Cuervo, que através   da dramatización, da xesticulación e da modulación vocal deixou aos máis cativos do colexio abraíados cos seus contos e historias.

Foi todo un pracer que estivera no noso colexio!

Xoán Curiel: Estamos no verán!

O músico e compositor Xoán Curiel tocou e cantou algunha das súas cancións do seu disco ESTAMOS NO VERÁN!!! Unha fascinante novela-disco que naceu da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel.

CHARLA ANFIBIOS

Dar grazas a Miguel, experto en anfibios e tamén mestre, por acercarse ao noso Centro e darlle unhas charla @s nen@s de 3º, 4º, 5º e 6º de EP sobre os anfibios. Coñecendo un poco máis sobre estes seres vivos  e poidendo ver e gozar  das fotos que lles fai el cando sae a observar a natureza.

 

Familias con moito humor!

PINCHA NA IMAXE

AS FAMILIAS DA ESCOLA

Charlas Compostaxe

Hoxe 15 de febreiro TODO o colexio tivo unhas charlas didácticas dentro do Centro sobre o proceso de compostaxe e todo o que iso conleva.... Previamente falouse sobre os tipos de residuos e a importancia de reciclar.

Charlas Compostaxe

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Distribuir contido