"Mulleres Valentes" con Rosa de Cabanas

Este curso, para conmemorar o día da Muller Traballadora (8 de marzo), tivemos a sorte de que Rosa Herráiz, Rosa de Cabanas para moita xente, aceptase a nosa invitación e viñese ao centro a presentar un fermoso traballo seu. Do 3 ao 17 de marzo, estará exposto na Casa das Letras da Estrada, unha exposición de 52 retratos de mulleres de relevancia en diferentes eidos que a autora elaborou o pasado ano, un por cada semana e usando diferentes técnicas gráficas.

A importancia da exposición garda moita relación coa necesidade de dignificar e divulgar as aportacións destas grandes creadoras, e poder comprender as dificultades e inxustas discriminacións que tiveron que sufrir ao longo das súas vidas profesionais.

                                               MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!

 

Día de Rosalía 2022

Neste curso, para celebrar por primeira vez o día de Rosalía o 23 de febreiro, participaron representando ao noso centro, Gema e Gorka nun acto moi fermoso na Teatro Principal.  Levaron un poema de Cantares Gallegos e fixérono tan ben que o queremos compartir con toda a comunidade educativa. 

 

Poesía con David Otero

Esta semana de entroido, visitounos David Otero, escritor e mestre veciño de Codeseda, que coa súa naturalidade e frescura ofreceulle ao alumnado de 1º 2º 3º e 4º , un sinxelo pero ameno obradoiro de poesía.  

SEMPRE MOI AGRADECIDOS CONTIGO, DAVID!

Coidando as aves con robótica

Na semana do 14 ao 18 de febreiro tivemos tamén a sorte de poder contar cunha actividade de robótica na aula de 3º e 4º.  A actividade foi organizada pola fundación ABANCA e permitiulles á cativada desa aula deseñar un dispositivo con son para avisar ás aves mariñas de que non quedasen atrapadas nas redes dos barcos. Usaron sensores de presenza e intercambiaron mensaxes entre eles, e todo usando as posibilidades que os microbits lles ofrecen.

Pasárono xenial e esperámolos para o mes de abril con outra visita ao noso centro!

Zapatos máxicos no cole

O DÍA 15 TIVEMOS A SORTE DE COMPARTIR UN RATIÑO CON FERNADO GONZÁLEZ GRAÑA, AUTOR DO LIBRO DE POESÍA  "ZAPATOS MÁXICOS". APARTE DE DESCUBRIRNOS ALGÚNS SEGREDOS SOBRE A SÚA OBRA, TAMÉN NOS BRINDOU A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NUN CONTO SOBRE UNHA FRAGA , ONDE O ALUMNADO DE 3º E 4º ERAN, NIN MÁIS NIN MENOS QUE OS PROTAGONISTAS. DESFRUTAMOS TANTO, QUE AO DÍA SEGUINTE XA TIÑAMOS ALGÚN NENO E NENA ESCRIBINDO CONTOS LIBREMENTE.

MOITAS GRAZAS FERNANDO 

 

Mans Unidas axuda ao noso horto

 

Este martes 15 de febreiro, visitounos Carmen Freire, colaboradora de Mans Unidas que nos ensinou moitos dos usos e propiedades das diferentes plantas que podemos utilizar no noso horto.  Co seu gran entusiasmo e sabedoría fixo varias quendas de traballo coas diferentes aulas para poder contarlles moitos dos usos e propiedades dalgunha das plantas que usamos.

Pasámolo moi ben e agardamos con moito interese que volva a visitarnos a mediados de abril!!!

 

Día da paz

 

 

Para conmemora o día da paz, o alumnado de 3º/4º e 5º/6º de Valores, grazas á profe Monchi, prepararon a seguinte obra de teatro.

Grazas a todos e todas por este traballo.

 

Recomendacións alumnado

Algúns nenos e nenas de 5º e 6º recoméndannos algunhas das súa lecturas deste trimestre.

Powered by Drupal - Design by artinet