Para seguir manténdonos en forma e activos demos comezo a un novo reto... Esta vez con palas!
Un reto onde cada alumn@ debía de superar 12 probas de axilidade e destreza con palas de ping pong e de tenis. Aparte de pasalo moi ben, foron capaces de superar cada un dos mini retos propostos.
O mércores 11 de outubro realizamos a primeira saída do curso e foi para acudir ao tan esperado Cros. Como todos os anos fíxose na zona deportiva de A Estrada e acudiu alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria da maioría de coles da zona.
Fixemos unha gran carreira e con coraxe, valentía e moita ilusión chegamos á meta! Noraboa rapaces!
No mes de novembro participamos na actividade de campo a través enmarcada dentro do actividade "deporteescolar". Tivemos unha xornada de convivencia con outros centros e, aínda que non era o máis importante, obtivemos varias medallas nas distintas categorías.
O 28 de maio rematamos as actividades do XOGADE participando no campionato de atletismo en pista provincial celebrado no centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra.
O venres 6 de marzo asistimos en Santiago a unha xornada teórico-práctica da "orientación no ámbito escolar". Os membros da FEGADO ( Federación Galega de Orientación) comprometéronse a elaborar un plano da contorna do noso centro para poder realizar actividades de orientación. Con este material e a nosa elección desta modalidade lúdica no XOGADE agardamos que o alumnado poida desfrutar deste deporte nos vindeiros meses.
Imaxe dunha das actividades de orientación (laberinto).
O noso proxecto de vida activa (PDC- XOGADE) inclúe coñecer actividades que se poidan desenvolver na localidade, por iso o 19 de decembro tivemos a visita de Ramón e de Julio.
O 14 de febreiro o alumnado de 5º acompañado por nenos e nenas de 4º e 6º participaron nunha convivencia de atletismo en pista, con alumnado doutros centros da contorna. Esta actividade realízase a través do Plan PROXECTA_XOGADE no que estamos inmersos.
Nas últimas semanas o CEIP Cabada Vázquez está participando no campionato zonal de Bádminton, a través do plan Proxecta-Xogade, dentro do noso PDC (proxecto deportivo de centro).
O 30 de abril xogou o alumnado de 3º e 4º.
O 2 de maio participou o alumnado de 6º (acompañado por nenos/as de 4º e 5º para completar equipos).
O 6 de maio tócalle ao alumnado de 5º.
O Alumnado informa que o están a pasar moi ben nestas actividades. Algún ata se prantexa inscribirse no club de bádminton para o próximo curso escolar.
O CEIP Cabada Vázquez intenta concienciar á comunidade educativa da prevención, detección e actuación en Contra a Violencia de Xénero,por iso está a realizar diversas actividades relacionadas con esta temática como son: a creación de lemas que se colocaron nos chanzos da escaleira do colexio, crear e cantar unha canción en contra da violencia de xénero, contacontos, ...
Rematou o curso e rematou o meu traballo en Codeseda. Foi todo un pracer compartir convosco estes dous anos e, quérolle dar as grazas a todas e todos os que participáchedes nas clases de Educación Física online, incluídas as familias.
Deixo un último traballo que me enche de ledicia e que resume o que fixemos no último trimestre. Moitas gracias Melania!
Para conmemorar o día internacional da muller, o 8 de marzo, dende a área de Educación Física levamos a cabo o xogo "memory de mulleres deportistas"
Por unha banda, reflexionamos sobre a figura das mulleres deportistas na actualidade, coñecimos deportes minoritarios, investigamos nomes dalgunhas das deportistas españolas máis destacadas nas distintas disciplinas deportivas... etc
E por outra banda, traballamos aptitudes físicas como a velocidade, e cognitivas como a atención e memorización. Físicas: porque o xogo consistía en facer parellas coas cartas o máis rápidamente posible e cognitivas xa que había que prestar moita atención ás cartas que se ían descubrindo para intentar aparellala coa súa semellante.
O atletismo é un deporte que inclúe moitas modalidades. É por iso que permite ao praticantes experimentar distantas probas para avaliar o seu rendemento. Nós estivemos, un ano máis, nas pistas de Cuntis para participar nas probas de 4x60m (relevos), 60 m lisos, lanzamento de peso e vórtex, salto de lonxitude e 500 m. Acudimos con dous equipos que competiron contra outros colexios da contorna.
O Clube Keltoi de Vila de Cruces achegouse ao noso centro para darnos a coñecer algunhas caracterísitcas deste deporte. Puidemos realizar distintos xogos que despois nos serviron para participar por equipos no CEIP Pérez Viondi.
Aquí tedes algunhas fotos do día que viñeron a Codeseda.
A continuación vedes as probas o día que competimos co Ceip Pérez Viondi de A Estrada
Con razón do Día da Paz (30 de Xaneiro) realizáronse no colexio diversas actividades ao longo do mes pasado, que remataron cunha representación e un baile no que participou todo o colexio xunto; buscando concienciar ao alumnado de que todas as civilizacións temos elementos comúns como o baile, o deporte ou o xogo.
Nas últimas semanas de febreiro, todo o colexio participou en diferentes actividades relacionadas co entroido e co proxecto de Biblioteca desde curso "A Flora e Fauna da Nosa Contorna:Terra de Montes":
Crear disfraces.
Preparar un baile (E.I.)
Preparar unha regueifa (1º e 2º e 5º e 6º)
Crear un rap (3º e 4º)
Por outra banda, o 1 de marzo presentamos os nosos traballos ao público. Foi unha xornada especial!
Primerio disfrazámonos.
Logo camiñamos ata o pobo donde nos esperaban as veciñas e os veciños de Codeseda.
A continuación realizamos as diferentes actuacións.
Por último, bailamos coas persoas que nos viñeron ver.
EXISTEN MOITOS XOGOS E DEPORTES QUE SE PODEN E DEBEN PRACTICAR NA NATUREZA, POR ISO PARA ESTA SEMANA, QUEN NON O FIXERA XA, DEBE ENVIARME UNHA FOTOGRAFÍA OU IMAXE CUN LEMA A FAVOR DO COIDADO DA NATUREZA.
O lema debe empezar por “É HORA DE…”, por exemplo: “É HORA DE RECICLAR” acompañando unha fotografía tirando o lixo no seu contedor correspondente.