SEGURIDADE E CONVIVENCIA

 

Dentro da nosa participación no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, un experto da Garda Civil deu hoxe unhas charlas no noso centro ao alumnado de quinto e sexto sobre temáticas que favorecen a convivencia.

Dada a súa importancia e utIlidade tanto o acoso escolar como os riscos asociados a internet e ás novas tecnoloxías acapararon boa parte do diálogo que se estableceu co alumnado e profesorado presente.

         

ENTROIDO 2016

Un curso máis estamos satisfeitos de ter superado o reto que supón cada ano a celebración do Entroido.

Desenvolver un proxecto que implica a 340 alumnas e alumnos, dos que un centenar son de infantil, supón unha gran organización e un enorme traballo colaborativo de toda a comunidade escolar.

Grazas aos que coa súa aportación fixeron posible este éxito.

Se premedes nas imaxes veredes os vídeos

ENTROIDO 2016

 

Este vindeiro venres, día 5, festexaremos o Entroido.

Entre outros actos, o alumnado do centro presentará as súas comparsas no pavillón da Casqueira onde contamos coa vosa presenza.

O único acceso ao pavillón para as familias será pola Avda. de Ferrol e os horarios serán aproximadamente os seguintes:

  • 10:45 horas: Desfile polo pavillón.
  • 11:15 horas: Comezo do acto.
  • 12:00 horas: Remate do acto.

Día da Paz

Como xa é tradición no noso cole, hoxe conmemoramos o DÍA DA PAZ. Este ano, debido ao recente Nadal e a inminente chegada do Entroido, decidimos facer unha celebración interna. Botamos de menos a presenza das familias que en anos precedentes participaron e encheron de vida a nosa festa  na que, como é habitual, tivo lugar a lectura dun manifesto por parte de alumnado de sexto e a tradicional solta de pombas.     

 


AXUDAS DO CONCELLO

AXUDAS DESTINADAS A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2015 – 2016). CONCELLO DE PONTEDEUME

 

Está aberto o prazo para solicitar as axudas destinadas ás familias para a adquisición de material escolar, para o curso 2015-2016 (Educación infantil, primaria e ESO).

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o día 19 de xaneiro de 2016.

O modelo de solicitude pode recollerse no rexistro xeral do Concello de Pontedeume, nos

servizos sociais ou descargalo da páxina web do Concello. 

                                                    Máis información... aquí

FESTIVAL DE NADAL 2015

Se premedes nas imaxes veredes os vídeos do festival de Nadal deste ano.

A desfrutar con estes artistas!!!

 

VISITA AO NOSO CENTRO

Hoxe visitounos o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Viña acompañado, entre outros, polo xefe territorial Indalecio Cabana, o alcalde Bernardo Fernández, concelleiros da corporación municipal e representantes da ANPA.

Todos puideron comprobar o noso compromiso coas tradicións, participando neste caso no xogo do peón, ao tempo que eloxiaron a nosa implicación en proxectos de innovación como o plan de mellora de bibliotecas, aulas bilingües, proxecto ABALAR ou a utilización de libros dixitais en quinto e sexto curso da primaria. 

Dende o centro pedímoslle, entre outras cousas, mellorar a conexión a internet, indispensable para desenvolver con garantía os nosos proxectos. O conselleiro explicou que xa están en marcha as medidas que multiplicarán a velocidade de conexión e animounos a participar na convocatoria de contratos-programa deste curso.

    

 

MAGOSTO - DÍA DO PEÓN

Un ano máis celebramos o Magosto. Este curso foi un reto de organización  pois fixémolo coincidir co día do Peón. Esto supuxo moito traballo pois foron dúas celebracións consecutivas en espazos distintos, cun alumnado que cada curso vai en aumento e cunha grande presencia das familias. Foi unha gran festa de castañas e peóns pero sobre todo foi unha gran festa de convivencia. Grazas a tod@s!

                       

SAMAÍN 2015

Busca a túa cabaza.

 

Máis fotos aquí....

AUXILIAR DE CONVERSA

Dende Utah (EE.UU.) chegou ao noso cole Beatriz.

           

  Será a nosa auxiliar de conversa este    curso.    Benvida!!!

  welcome

                   

 

Distribuir contido