MATRÍCULA 2022-2023. Presentación de solicitudes de admisión.

 

 

  

                             PROCESO 

        DATAS 

1 

Reserva de praza no centro de adscrición. (Para o alumnado de 6º de primaria que vai para o IES BREAMO)

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. 

2 

  Data do sorteo público a efectos de desempate. 

Antes do 1 de marzo. 

3 

Publicación de postos escolares vacantes. 

Antes do 1 de marzo. 

4 

Presentación da solicitude de admisión. (Para o novo alumnado de 3 anos ou doutro curso de infantil ou primaria)

Do 1 ao 21 de marzo 

5 

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo. (Se existe máis demanda que oferta de prazas) 

Do 25 marzo ao 15 de abril. 

6 

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. 

Antes do 25 de abril

7 

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos. 

Antes do 15 de maio. 

8 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria 

Do 20 ao 30 de xuño. 

 

 DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE PRESENTAR DO 1 AO 21 DE MARZO EN SECRETARÍA PARA  SOLICITAR A ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO:

 

 

Deberán presentar o anexo ll na secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.

Este anexo poderá:

- Ser recollido no centro.

- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

- Cumprimentarse a través da aplicación informática ADMISIÓN DE ALUMNADO (na parte inferior da páxina en galego ou en castelán).

 

 

Este anexo irá acompañado de:

 . DNI dos proxenitores, libro de familia ou outro documento acreditativo da idade.

 . Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

 

 

 

 

Postos escolares ofertados. Curso 2022-2023

infantil  4º (3 anos) 44 + 6 (Reservadas á Administración)
  5º (4 anos) 18
 6º (5 anos) 21
primaria 7 + 6 (Reservadas á Administración)
13
12
3
3
4

 

 

 

                                 Aquí máis información (Impresos de solicitude: Anexo II)

 

DÍA DA PAZ

Como nos cursos anteriores, celebramos nestas datas o Día da Paz. Este ano adicámosllo a Malala Yousafzai, Premio Nóbel da Paz pola súa defensa do dereito das nenas á educación. Foron numerosas as actividades en todas as aulas. Una delas foi este baile colectivo. O mal tempo non quixo permitir un detalle que faría a actuación aínda máis espectacular:

A participación das familas acompañándonos na danza!  RisaRisaRisa

 

 

MUSICREQUES

MUSICREQUES PRESENTOU O SEU NOVO ESPECTÁCULO "IVÁN E O LOBO GRIS"  AO ALUMNADO DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

 

COMO DESFRUTAMOS CON IVÁN E AS SÚAS PERIPECIAS POLO BOSQUE ENCANTADO BUSCANDO QUEN ROUBABA AS MAZÁS DO REI OTÓN AO TEMPO QUE ESCOITABAMOS A MÚSICA INTERPRETADA EN DIRECTO DE A. DVORAK. GRAZAS POR ACERCARNOS DE XEITO TAN DELICIOSO A MÚSICA CLÁSICA...QUE BONITO ESPECTÁCULO!. PARABÉNS!!!

 

    

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Visitáronnos membros do Distrito Forestal de Ferrol para falarnos da prevención de incendios forestais. Subimos á motobomba que utilizan e vimos demostracións de cómo se apaga un lume... Que interesante! 

 

Máis información aquí, aquí, aquí e aquí

CAMPAMENTO INGLÉS

 

ALUMNADO DE 6º CURSO PARTICIPA NUN CAMPAMENTO DE INMERSIÓN EN LÍNGUA INGLESA EN BEIRE (NAVARRA) DO 9 A0 15 DE NOVEMBRO.

O proxecto do noso centro foi seleccionado e permitirá  que o alumnado utilice o inglés en contextos comunicativos máis amplos ca os que permite o entorno escolar.

 

PODEDES SEGUIR AS SÚAS ACTIVIDADES DIARIAS CLICANDO AQUÍ:

LUNS,  MARTES,  MÉRCORES,  XOVES,  VENRES

 

Distribuir contido