DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado xoves, día 16, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas deste ano 2013 que  foi adicado a Roberto Vidal Bolaño. Na nosa celebración o alumnado de sexto fixo un orixinal repaso pola súa biografía. Como xa ven sendo habitual, tivemos a fase final do noso "V Certame de Poesía". O alumnado de quinto fixo unha gran interpretación do himno de Galicia coas frautas e todos xuntos bailamos a canción "Meu o mundo é". Para rematar a xornada bailamos a ritmo de gaitas e pandeiretas con "Os Fenómenos".Menuda festa!

MAIOS 2013

Celebramos estes días os maios no colexio. Preparamos os maios e as cantigas e este ano, coma novidade, convidamos os pais-nais do alumnado a participar na súa elaboración...A celebración no cole tivo que ser nos corredores, po mor da choiva, pero onte na vila foi todo un éxito de participación.Quedamos primeiros en cantigas e cuartos en maios cun maio realizado polo alumnado do terceiro ciclo. NORABOA!!!!

MAIOS 2013

DÍA DO LIBRO

 

Un dos actos da celebración do DÍA DO LIBRO 2013 foi  a visita ao CLUB DE LECTURA de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.  Máis de CEN alumn@s do SEGUNDO e TERCEIRO CICLO de primaria  participan este ano no CLUB,   como sempre,  de xeito totalmente voluntario.
Aproveitamos  para celebrar tamén o DÍA DO TEATRO, que foi o pasado 25 de
marzo. As obras representadas foron:
 .-"A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella".
 5ºB.-"O espantallo que non quería ser espantallo".
 6ºA.-" Farsa e xustiza do comendador"

 

"O QUEBRANOCES"

 Visitou o noso colexio a asociación musical Musicreques coa obra "O Quebranoces" de Tchaikovsky. O alumnado de Infantil e o de 1º e 2º ciclo asisteu a unha obra musical combinada con títeres que nos trasladou a Rusia, Exipto, China... Que ben o pasamos!... Aquí tedes unha mostra.

Máis información sobre MUSICREQUES,  AQUÍ  

SILBO GOMERO CON ROGELIO BOTANZ

O pasado venres, 12 de abril, visitou o noso colexio Rogelio Botanz, cantautor vasco afincado  na illa da Gomera ,que nos aprendeu moitas cousas sobre o silbo gomero. Moitas grazas a Rogelio, Carlos e Marcelo,.  Máis videos en CELECOFRE 

Máis información sobre Rogelio  Botanz... AQUÍ

 

MATRÍCULA 2013-2014

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2013-2014

 

+ INFORMACIÓN:  AQUÍ 

ENTERRO DO ENTROIDO 2013

ENTERRO ENTROIDO 2013

ENTERRO ENTROIDO 2013 on PhotoPeach

CELEBRACION ENTROIDO 2013

DESPOIS DE TANTO TRABALLO... VAIA TROULA QUE MONTAMOS OS DO COUCEIRO INAUGURANDO O ENTROIDO DA NOSA VILA

Distribuir contido