GALICIA FUTURA 29-9-21

 

Este primeiro trimestre do curso dende o Gaiás levan a cabo un completo programa didáctico composto tanto por visitas en liña como por visitas presenciais á exposición Galicia Futura. Nós inscribímonos neste programa para unha visita en liña o dia 29 de setembro.

Arte, ciencia, tecnoloxía e creatividade son algúns dos eidos do coñecemento presentes na exposición que activarán no alumnado a capacidade de reflexión e análise sobre como imaxinan a Galicia do futuro. Porque pensar no mañá provoca ilusión, e aínda mais se falamos dase coas persoas que son o futuro de Galicia.

Onde imos vivir no futuro? Que avances está a haber na ciencia galega? Como será a arte do futuro en Galicia? Como soará a nosa música? Son só algunhas das preguntas das que procuramos as respostas nesta actividade na que o alumnado poido ademais presentar as súas inquedanzas e reflexións sobre estes temas.

Unha exposición desafiante e provocadora, na que participan nomes como Marta Pazos, Oliver Laxe, Estíbaliz Espinosa e Rubén Ramos Balsa, man a man con destacadas mostras da innovación desenvolvida desde empresas, universidades e organismos de investigación públicos e privados do país. Obras de Maruja Mallo, fusión musical de as Tanxugueiras...

  

Trátase de pór en marcha a regra das 3R: REPARA, RECICLAR E REEMPREGAR, coidar as tradicións e nosa IDENTIDADE.

Queremos un futuro prometedor e san, onde os nosos investigadores e investigadoras en todos os ámbitos sexan capaces de crear unha

 GALICIA FUTURA.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet